Cataluña
A Generalitat de Cataluña convoca axudas para a incorporación do catalán ao ámbito dos videoxogos
Esta nova liña de axudas para a incorporación do catalán ao ámbito dos videoxogos conta cunha dotación orzamentaria de 625 000 euros e está destinada a que empresas privadas realicen labores de tradución, corrección, localización, dobraxe e subtitulación.
Fonte: Generalitat de Catalunya
As universidades de Cataluña avaliarán o nivel de catalán do alumnado dos graos de Educación
As facultades de Educación de Cataluña avaliarán o nivel de catalán dos novos estudantes para abordar posibles carencias durante os estudos, unha medida que forma parte da guía para a elaboración de plans de incremento da docencia nesta lingua nas universidades.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno de Cataluña anuncia as novas accións de promoción da lingua catalá
Con motivo do balance do seguimento das cen medidas de promoción do catalán, anunciáronse as novidades, que afectan aos ámbitos do videoxogo, cunha convocatoria de subvencións, e o audiovisual, coa celebración dunhas xornadas de recoñecemento ao sector, así como unha actualización do espazo de aprendizaxe Parla.cat.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ponse en marcha unha nova edición da campaña «21 dies. D'entrada, en català» para fomentar o uso do catalán entre os falantes desta lingua

Esta campaña ten como obxectivo concienciar a poboación catalanfalante para que manteña, polo menos, 21 días o catalán e que utilice esta lingua en calquera conversa, independentemente da orixe do interlocutor.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A empresa catalá Fent País recibe o Recoñecemento á Calidade Lingüística Empresarial
A empresa FentPaís recibiu este galardón que ten como obxectivo impulsar o uso do catalán no ámbito empresarial como ferramenta de mellora cualitativa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Parlamento de Cataluña reclama que o catalán sexa lingua vehicular en todos os centros educativos
O Parlamento aprobou unha moción en favor do modelo de inmersión lingüística da escola catalá e instou o Goberno de Cataluña a garantir que o catalán sexa lingua vehicular en todos os centros educativos, sen excepcións.
Fonte: El Periódico
A Generalitat impulsa unha enquisa sobre as linguas de Cataluña
A Enquisa de usos lingüísticas da poboación 2023, impulsada polo Departamento de Cultura e o Idescat, proporcionará información actualizada sobre a realidade lingüística de Cataluña, o que permitirá a posta en marcha de políticas de fomento do catalán e o aranés máis axustadas ás necesidades da cidadanía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat anuncia un plan para garantir o coñecemento e o uso do catalán no sistema sanitario de Cataluña
O Goberno de Cataluña está a ultimar un plan para garantir o uso e o coñecemento do catalán no sistema de saúde, co que se reforzará a oferta formativa nesta lingua para o persoal sanitario.
Fonte: El Món
A Generalitat de Cataluña pon en marcha unha campaña a prol dos dereitos lingüísticos nas aulas universitarias

A campaña, que ten como lema «Si et canvien la llengua, no et tallis», busca dar a coñecer os dereitos lingüísticos do alumnado e do profesorado universitario, así como as caixas de correo habilitadas polas universidades para o efecto.
Fonte: La Vanguardia
Unha cabina de podcast en catalán percorrerá Cataluña para impulsar o uso desta lingua
O Goberno de Cataluña fará circular unha cabina de radio coa que pretende recoller o maior número posible de voces e testemuños sobre o catalán e crear o maior podcast rexistrado nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín