Cataluña
O 67 % da poboación estranxeira que vive en Cataluña sabe falar catalán

Segundo a “Estatística de características esenciais da poboación e vivendas. Linguas. 2021", elaborada polo Instituto de Estatística de Cataluña (Idescat), o 67,5 % da poboación estranxeira que habita en Cataluña sabe falar catalán; o 72,9 % sábeo ler; e o 57 %, escribir.
Fonte: La Vanguardia
Publícase un novo dicionario en liña con palabras esenciais do catalán

O Instituto de Estudos Cataláns publicou en liña o Diccionari essencial de la llengua catalana (DEIEC), unha ferramenta que conta con 39 300 palabras e que ofrece orientacións sobre a forma de usar as palabras, así como exemplos e combinacións léxicas que poden resultar de utilidade.
Fonte: La Vanguardia
TV3 e Catalunya Ràdio confluirán nunha nova marca para potenciar os contidos en catalán
TV3 e Catalunya Ràdio fusionaranse na marca 3Cat coa que buscan potenciar os contidos en catalán e mellorar a súa competitividade no actual contexto dixital.
Fonte: El Nacional
HBO Max incorpora máis de cen títulos en lingua catalá
Grazas ao traballo conxunto entre o Departamento de Cultura e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA), nun mes a plataforma HBO Max pasou de ter menos do 0,1 % do seu catálogo en catalán, a ofrecer preto do 7 % de contido nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Hospital de la Santa Creu i Sant Pau acolle unha exposición para fomentar o uso do catalán no ámbito sanitario
Este hospital barcelonés inaugurou unha exposición que, baixo o título ‘Quan parles fas màgia’, ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre os profesionais do ámbito sanitario.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo os datos do Consorcio para a Normalización Lingüística, medra o interese por aprender catalán
O Consorcio para a Normalización Lingüística fixo balance do 2022, ano no se aprecia un crecente interese polos cursos de catalán, nos que se produciu un incremento de inscricións alta alcanzar case as 93 000.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os cines de Cataluña acollerán este verán seis grandes estreas en catalán

Este verán estrearanse seis grandes filmes en Cataluña dobrados ao catalán, o primeiro deles Indiana Jones i el dial del destí, como resultado da aposta do Goberno da comunidade polo fomento desta lingua no audiovisual.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña fai balance das medidas de fomento do catalán impulsadas desde varios departamentos
Das 100 medidas aprobadas en novembro para garantir o presente e o futuro do catalán, o aranés e a lingua de signos catalá, doce están finalizadas; 63, en desenvolvemento; e 25, en fases iniciais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña promoverá a lingua e a cultura árabes nos centros educativos cataláns
A Goberno de Cataluña chegou a un acordo coa Organización Educativa, Cultural e Científica da Liga Árabe (ALECSO) polo que fomentará a asociación entre centros educativos cataláns e o mundo árabe. Así, ademais de fomentar a súa lingua, impulsaranse proxectos relacionados coa arte, a cultura ou a sostibilidade.
Fonte: E-Notícies
Preséntase unha nova aplicación que reúne os vocabularios específicos en lingua de signos catalá

«SIGNAPP, una mà de signes» é unha aplicación creada pola Asociación ACILS que contén unha recompilación de glosarios específicos en lingua de signos catalá e ten como obxectivo crear un espazo único para consultas de signos de ámbitos específicos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín