Cataluña

Publícase un novo estudo orientado á incorporación do catalán no día a día do alumnado do Consorcio para a Normalización Lingüística

A publicación De l’aprenentatge a l’adopció de la llengua catalana: cap al cicle d’acompanyament als usuaris del Consorci per a la Normalització Lingüística, promovida pola Secretaría de Política Lingüística, inclúe un conxunto de propostas para reforzar o acompañamento do alumnado na súa integración lingüística, co obxectivo de conectar o coñecemento da lingua catalá e o seu uso.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A comunidade xitana de Cataluña reclámalle ao Parlamento catalán o recoñecemento da súa lingua

Co gallo do Día Internacional do Pobo Xitano, representantes da comunidade xitana reclamaron nun acto celebrado no Parlamento catalán que o romaní se considere tamén lingua propia de Cataluña.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

TikTok inclúe o catalán nos subtítulos da publicidade

TikTok acaba de informar de que xa están dispoñibles os subtítulos en catalán nas pezas publicitarias e de que está avanzando na incorporación desta lingua na interface da aplicación e no menú para subtitulacións de contido orgánico.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno de Cataluña intentará reverter a tendencia regresiva que sofre o catalán no ámbito da investigación

O conselleiro de Investigación e Universidades anunciou, no marco dunha xornada celebrada no Instituto de Estudos Cataláns, que o seu departamento quere reverter a regresión do catalán no ámbito científico que se produce en Cataluña, onde predomina o uso do inglés.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Preséntase o plan ‘Activem-nos pel català’ para que os centros educativos organicen actividades de fomento do catalán

Un total de 800 centros educativos comprometeuse a impulsar accións concretas para fomentar o uso do catalán, unha cifra que irá incrementándose cada ano con novos centros.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Preséntase a Alianza para a Presenza Dixital do Catalán formada polo Goberno de Cataluña e varias entidades da sociedade civil

A Alianza para a Presenza Dixital do Catalán busca atopar solucións á caída do posicionamento da lingua catalá nos buscadores de internet. Como punto de partida elaborarase un informe a partir da análise de datos de tráfico en webs que ofrecen contidos en catalán e noutras linguas.   

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña incrementa as axudas a programas de promoción do catalán e outras linguas entre a comunidade universitaria

As axudas a programas que promoven o coñecemento e o uso das linguas nas universidades increméntanse de forma substancial este ano. O obxectivo é fomentar o plurilingüismo e aplicar as medidas recollidas no Plan de fortalecemento da lingua catalá no sistema universitario e de investigación de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno de Cataluña impulsa unha nova plataforma de contidos dixitais en catalán

O Goberno de Cataluña encargoulle á Corporación Catalá de Medios Audiovisuais a creación dunha plataforma de contidos en catalán no mundo dixital, á que se destinará un orzamento de 30 millóns de euros. Esta OTT terá carácter gratuíto e estará dirixida ao público en xeral.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña ofrecerá cursos de catalán para o persoal sanitario

Estes cursos de formación en lingua catalá para o persoal sanitario que forme parte do Instituto Catalán da Saúde (ICS), que terán carácter gratuíto, permitirán que poidan obter un certificado de acreditación oficial.

Fonte: 20minutos

Cataluña

Un total de 51 das 100 medidas do Goberno de Cataluña para impulsar o uso do catalán xa está en marcha

Segundo o Goberno de Cataluña, das 100 medidas aprobadas o pasado mes de novembro para impulsar o catalán, 51 xa están en marcha e destas, 44 están en fase avanzada de execución.  

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder