Cataluña

O Goberno de Cataluña comprométese a reverter o posicionamento do catalán nas buscas de Internet

O Goberno catalán reúnese con diversas entidades vinculadas á defensa e promoción da lingua catalá para analizar o problema da perda de posicionamento nos buscadores de Internet, poñer en común accións levadas a cabo ata o momento e propoñer varias solucións coordinadas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña establece o nivel C1 de catalán para a consideración como mérito na obtención de prazas dos xuíces

A Generalitat e o Consello Xeral do Poder Xudicial elevan o nivel de catalán necesario para acreditalo como mérito nas solicitudes dos xuíces que aspiran a presidir o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A Secretaría de Política Lingüística de Cataluña contará con 52,5 millóns de euros para accións de promoción da lingua

O orzamento do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña aumenta cunha diferenza de 101 millóns de euros con respecto ao ano anterior e un dos seus principais obxectivos é potenciar o catalán, o aranés e a lingua de signos catalá.

Fonte: El Periódico

Cataluña

O Teatro Nacional de Cataluña e o CPNL asinan un convenio para impulsar o consumo de cultura en catalán

O Consorcio parra a Normalización Lingüística e o Teatro Nacional de Cataluña asinaron  un novo convenio de colaboración co que reafirman o compromiso das dúas entidades para impulsar o consumo cultural en catalán e o fomento do uso desta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Termcat publica un dicionario do turismo con 1200 termos en catalán acompañados das súas equivalencias en varias linguas

O Diccionari de turisme, impulsado desde a Generalitat de Cataluña coa colaboración do Goberno de Andorra, ofrece 1200 termos en catalán, acompañados de definicións e notas complementarias e as equivalencias en castelán, francés, inglés e alemán.

Fontes: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Generalitat de Cataluña pon en marcha un proxecto para mellorar a comunicación da Administración coa cidadanía

A Guia de llenguatge planer é a primeira das accións deste proxecto, unha guía que ofrece consellos, exemplos e outros recursos co obxectivo de mellorar a comunicación da Administración coa cidadanía mediante o uso dunha linguaxe clara e inequívoca que facilite a compresión da información que se facilita.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha campaña denuncia que o navegador Google prioriza os resultados de busca en castelán, aínda que se realicen en catalán

Os usuarios denuncian que, malia ter o navegador configurado en catalán, este prioriza os resultados en castelán. Google, pola súa banda, admite este problema e afirma que está a traballar na procura de solucións.

Fonte: Públic

Cataluña

Publícase en liña un dicionario da mediación con 660 termos en catalán

O Diccionari de la mediació, publicado polo Termcat e o Departamento de Xustiza, Dereitos e Memoria, inclúe 660 termos e 756 denominacións en catalán coas súas equivalencias en castelán e inglés, así como definicións e notas complementarias.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña publica unha nova guía para aprender catalán dirixida á comunidade de fala hindi

Aprenem català des de l’hindi é o décimo primeiro volume da colección “Aprenem català des de...”, que está dirixido á poboación catalá que ten o hindi como lingua habitual, unhas 29 000 persoas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Celébrase unha reunión para tratar a política lingüística do Val de Arán

A Generalitat de Catalunya e o Conselh Generau d’Aran celebraron unha reunión da Comisión Bilateral na que acordaron aumentar as transferencias para o fomento e a protección do occitano e estudar conxuntamente as necesidades desta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder