Cataluña

Preséntase un plan para incrementar o consumo audiovisual en catalán

A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA) presentou o seu novo Plan estratéxico co que pretende aumentar o consumo audiovisual en catalán, así como asegurar o acceso universal a contidos de calidade nesta lingua.

Fonte: Crónica Global

Cataluña

A Generalitat de Cataluña presenta cen medidas para impulsar a lingua catalá

A situación do catalán é unha prioridade para o Goberno de Cataluña polo que quere impulsar unha nova política lingüística que asegure o seu futuro, así como o do aranés e o da lingua de signos catalá. Para iso, iniciou un proceso de traballo cuxo resultado é unha listaxe de 100 medidas de carácter transversal para fomentar o catalán en todos os ámbitos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Instituto de Estudos Cataláns incorpora ao seu dicionario 21 novas palabras

As novidades do ano 2022 do Diccionari de la llengua catalana (DIEC) supoñen a incorporación de 21 palabras novas, como trans, feminicidi  ou negacionisme, así como 70 locucións e varias modificacións.

Fonte: Nius

Cataluña

Un total de 63 modelos de coche xa dispón de manual de uso en catalán

Sete marcas da industria automobilística (Cupra, Ford, Lexus, Mazda, Seat, Tesla e Toyota) publicaron en catalán os manuais de instrucións dos seus vehículos grazas ao contacto da Secretaría de Política Lingüística cos principais fabricantes para incrementar o uso desta lingua nos seus produtos e servizos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha nova web ensinará gramática en función do nivel de coñecementos de catalán

O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) inclúe unha nova sección na web sobre gramática do catalán na que se estruturan os contidos segundo os niveis de aprendizaxe do alumnado, desde o nivel básico ata o superior.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Preséntase SAGA, un novo salón de videoxogos en catalán

O gaming catalán chega por vez primeira aos circuítos oficiais das competicións de videoxogos electrónicos cun novo salón, SAGA, impulsado por Plataforma per la Llengua e o apoio da Generalitat de Catalunya.  

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Òmnium Cultural organiza unha nova campaña para impulsar o uso do catalán

Coa campaña «Treu la llengua, compartim el català!» búscase apelar ao orgullo da cidadanía para que utilice sen complexos o catalán co obxectivo de impulsar o seu uso, principalmente entre a mocidade.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Increméntase o número de persoas que obteñen o certificado de nivel C2 de catalán

Case oito de cada dez persoas que se presentaron aos exames para obter o certificado C2 de catalán aprobaron, 6,5 puntos máis que no ano 2021. Previamente xa se incrementaran as inscricións, que se multiplicaron por tres, así como a proporción de presentados.

Fonte: El Periódico

Cataluña

O Concello de Barcelona impulsa unha serie de medidas para fomentar o uso do catalán na cidade

Ante a diminución do uso do catalán que constatan varios estudos, principalmente, entre a xente nova, o goberno local presentou unha serie de propostas para impulsar o uso desta lingua na cidade, distribuídas por ámbitos:  ensino; mocidade, lecer e deporte; cultura, ciencia e universidades; empresa, comercio e turismo; sanidade, acollida e arraigo; e Administración.

Fonte: Ajuntament de Barcelona

Cataluña

O fomento do catalán na educación e na investigación sitúase como unha das principais demandas dos participantes no Pacto Nacional pola Lingua

O proceso participativo do Pacto Nacional pola Lingua recibiu case 2600 propostas para mellorar a situación do catalán, que se distribuíron en doce ámbitos sociais. As melloras no ámbito da educación e a investigación foron as máis demandadas, seguidas polas Administracións públicas e o sector audiovisual.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder