Cataluña
Unha universidade de Cataluña organiza un concurso de vídeos en galego, catalán, éuscaro e castelán
A Universitat Oberta de Catalunya organiza un certame de vídeos que ten como obxectivo animar as mulleres a estudar carreiras STEM. O concurso, que conta con tres categorías (dúas para escolares e unha para adultos), permite presentar pezas en castelán, catalán, éuscaro ou galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Segundo unha enquisa, tres de cada catro cataláns defenden a inmersión lingüística

A última enquisa do Centro de Estudos de Opinión da Generalitat mostra que a inmersión lingüística no sistema educativo conta cun importante apoio da poboación catalá, xa que o 76 % defende este modelo.
Fonte: Públic
O Concello de Sabadell aproba unha moción para que se cumpra o Regulamento de uso da lingua catalá
Varias entidades impulsaron esta moción ao detectar incumprimentos do Regulamento de uso da lingua catalá, vixente no Concello de Sabadell desde o ano 2000.
Fonte: Plataforma per la Llengua
A Generalitat e o sistema universitario de Cataluña elaboran un plan para potenciar o uso do catalán

Malia que o 70 % das materias de grao se imparte en catalán, a Generalitat e as universidades deseñarán un plan para impulsar o uso deste idioma na investigación e como lingua de convivencia.
Fonte: El Periódico
Cincuenta e un novos establecementos súmanse á iniciativa ‘Comerços aprenents’ para aprender a atender a clientela en catalán

‘Comerços aprenents’ é unha iniciativa da CPNL que ten como obxectivo facilitar que os establecementos comerciais poidan realizar unha atención básica en catalán á clientela. Ata o momento contaba coa participación de 40 comercios de toda Cataluña, aos que acaban de sumarse 51 máis da cadea de supermercados Condis.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Convócanse as probas para obter os certificados de catalán
Ata o 9 de febreiro está aberto o prazo de presentación das solicitudes para participar na convocatoria das probas para obter o certificado de catalán que permite acreditar o coñecemento desta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña mantén o contacto con algunhas plataformas de streaming para que reforcen a súa oferta en catalán
A titular do Departamento de Cultura informou de que se iniciaron conversas con plataformas audiovisuais como Amazon Prime, Netflix ou HBO para que inclúan máis contidos en catalán nos seus respectivos catálogos.
Fonte: El Nacional
A Generalitat de Cataluña ten dous meses para aplicar a sentenza que obriga a impartir o 25 % das clases en castelán
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña declarou firme a sentenza que obriga a impartir un 25 % de clases en castelán nos centros de ensino, polo que a Generalitat deberá, nun prazo de dous meses, executala de forma voluntaria.
Fonte: El País
Publícase un informe que revela que a mocidade catalá consome máis televisión en castelán
O observatorio Media.cat publica un relatorio que revela que a canle de contidos en catalán TV3 está a perder influencia entre a mocidade catalá e que cada vez máis rapazada consome televisión en lingua castelá.
Fonte: El Nacional
O Goberno catalán presenta o Pacto Nacional pola Lingua

O Pacto Nacional pola Lingua é un acordo que vai marcar as futuras políticas lingüísticas en Cataluña. Busca establecer un diagnóstico común sobre o estado do catalán que facilite o traballo conxunto das institucións, os grupos políticos e a sociedade co obxectivo de aumentar o seu uso e coñecemento.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín