Cataluña

O impulso do catalán como elemento de cohesión obtén un amplo apoio do Parlamento de Cataluña

O Parlamento de Cataluña aprobou a resolución “Per la llengua com a element de cohesió”. O acordo insta o Goberno catalán a poñer en marcha doce accións para consolidar a lingua catalá en todos os sectores, con especial atención ao audiovisual.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A versión en liña do Dicionario da actividade parlamentaria incorpora equivalentes en lingua de signos catalá

A versión en liña do Dicionario da actividade parlamentaria acaba de ser actualizada para incorporar un cento de equivalencias en lingua de signos catalá a través dunha ligazón a un vídeo que amosa como se signa o termo.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha nova publicación orientará o alumnado sobre o uso do móbil na aprendizaxe do catalán para adultos

A Secretaría de Política Lingüística publicou un documento sobre o uso do móbil dentro e fóra das clases de catalán para adultos que ten como obxectivo orientar o alumnado na incorporación destes dispositivos nas dinámicas de aprendizaxe desta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Preséntase o Consello Consultivo do Aranés

Trátase dun novo órgano consultivo, conformado por seis especialistas, que ten como obxectivo servir de ferramenta para reforzar a política e a planificación lingüística e asesorar ao Goberno de Arán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Barcelona acolle a celebración da 39ª edición da Semana do Libro en Catalán

Do 10 ao 19 de setembro celébrase a Semana do Libro en Catalán con múltiples actividades cuxo obxectivo é fomentar a lectura nesta lingua para todo tipo de públicos.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Termcat publica a versión en catalán da norma ISO de continuidade do negocio

A norma recolle a terminoloxía principal da xestión da continuidade do negocio, xa que é unha referencia para que as organizacións poidan actuar con eficacia ante imprevistos que interrompen o seu funcionamento normal.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Os ximnasios máis populares de Cataluña incorporan o catalán na súa páxina web

Co obxectivo de cambiar a complicada situación do catalán no ámbito do deporte, Plataforma pola Lingua consegue que os ximnasios máis populares, como Holmes Place, Metropolitan ou YogaOne, incorporen esta lingua na súa páxina web.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Cataluña

Organízase unha ruta para coñecer as orixes da lingua catalá

Os promotores da Ruta Pompeu Fabra e a Associació d’Amics de la Vall de Caboet organizan a saída “Ruta dels orígens de la llengua catalana” ás localidades de Cabó, Organyà e Seu d’Urgell para coñecer algúns dos primeiros documentos escritos en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Publican unha guía para incluír o catalán nos videoxogos

A guía, que ten o título de Tutorial per afegir el català als videojocs, explica as vantaxes de introducir a lingua catalá nos videoxogos e enviarase a todos os estudos e creadores destes produtos dos territorios de dominio lingüístico catalán, así como a escolas e centros formativos con esta materia.

Fonte: Plataforma per la Llengua
 

Cataluña

Unha enquisa da Generalitat revela que o 74% dos barceloneses domina o catalán

A última enquisa de usos lingüísticos da poboación realizada en 2018 e impulsada pola Generalitat indica que un total de 1,3 millóns de habitantes de Barcelona entende, coñece, fala e le en catalán.

Fonte: Metrópoli

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder