Cataluña
Duplícase o orzamento destinado a subvencionar a dobraxe e o subtitulado en catalán

O Departamento de Cultura amplía con 2 950 000 euros as axudas para a dobraxe e o subtitulado en catalán de longametraxes que se estrean no cine, a dobraxe de longametraxes e o subtitulado de series para a súa distribución en plataformas dixitais e en soporte físico e o subtitulado de produtos de festivais e mostras audiovisuais en Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Departamento de Cultura subvenciona con máis de 700 000 euros a tradución ao catalán de obras literarias e non literarias

O Departamento de Cultura reforza o seu apoio á tradución de obras literarias ao catalán ou ao occitano e á tradución de obras non literarias ao catalán. As subvencións van dirixidas ás empresas editoriais e ás entidades editoriais sen ánimo de lucro privadas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ponse en marcha a campaña “Alimenta el català” para recuperar as variedades dialectais de determinados produtos

O Consorcio para a Normalización Lingüística está colaborando coa cadea de supermercados Bonpreu nesta campaña que busca a participación da súa clientela nas redes sociais para compartir as variedades dialectais de determinados produtos da súa zona xeográfica a través dun sorteo. A campaña tamén se aplicará nos seus establecementos, nas etiquetas dos produtos e no tícket da compra.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Publícanse novos vídeos en “Màgia per conversar” para practicar o catalán
A Secretaría de Política Lingüística publica sete novos vídeos da serie “Màgia per conversar”, un recurso audiovisual que ten como obxectivo estimular a conversa en lingua catalá a partir de xogos de maxia.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña subvencionará plataformas audiovisuais para que incorporen máis contido en catalán

A conselleira de Cultura de Cataluña explica que as subvencións dirixidas a plataformas audiovisuais como Netflix, Rakuten ou Filmin formarán parte das accións do plan nacional para a lingua que prepara a Generalitat co obxectivo de protexer o catalán e adaptar o seu fomento á era dixital.
Fonte: 20 minutos
O Consorcio para a Normalización Lingüística crea o programa “Comerços aprenents” para fomentar a aprendizaxe do catalán

O programa do consorcio busca facilitar o uso do catalán na atención ao público do comercio local e garantir que as persoas con pouco coñecemento desta lingua que traballen nos establecementos comerciais teñan acceso á súa aprendizaxe.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Actualízase o dicionario en liña Terminologia de la ciberseguretat con novos termos
O Termcat publica unha nova edición do dicionario en liña con sesenta termos novos, que fan referencia sobre todo a novos tipos de ciberataque e que foron elaborados coa colaboración da Axencia de Ciberseguridade de Cataluña e outros expertos deste ámbito e co apoio do Goberno de Andorra.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat promoverá unha lei de dereitos culturais e un pacto pola lingua
A conselleira de Cultura da Generalitat, Natàlia Garriga, impulsará unha lei de dereitos culturais e un pacto nacional pola lingua a través de recursos que aseguren o dereito á creación cultural e o futuro do catalán.
Fonte: Segre
O dicionario Terminologia de ciències de la salut actualízase con novos termos
O Termcat actualiza o dicionario en liña coa incorporación de novos termos do ámbito das doenzas minoritarias, da atención á saúde mental e das adiccións, da medicina nuclear, das alerxias e da covid-19.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Demandan que se use o catalán na megafonía do transporte público de Barcelona
Plataforma per la Llengua reclamou a través das súas redes sociais que se use o catalán na megafonía do transporte público da área metropolitana de Barcelona, xa que considera que se vulneran os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: El Independiente
Boletín
Subscríbase ao boletín