Cataluña
Os profesionais da xustiza que exerzan en Cataluña deberán contar co nivel C1 de catalán
A conselleira de Xustiza afirmou que se lles esixirá aos profesionais do ámbito xudicial que traballan en Cataluña o nivel C1 de catalán, algo que xa acontece na Comunidade Valenciana.
Fonte: El Nacional
A Generalitat de Cataluña convoca axudas de fomento do catalán para entidades sen ánimo de lucro
Xa está aberto o prazo para que as entidades sen ánimo de lucro soliciten axudas para proxectos de fomento do catalán. Esta convocatoria ten como obxectivo promover actuacións en ámbitos como o laboral e empresarial, dixital, sociosanitario, deportivo, cultural e de lecer.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña convoca axudas para a incorporación do catalán aos produtos tecnolóxicos e aos videoxogos

Esta convocatoria de axudas, que conta cunha dotación de 175 000 euros, ten como obxectivo fomentar o uso do catalán no ámbito tecnolóxico e está dirixida a empresas que queiran ofrecer produtos dixitais con versión nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O TERMCAT presenta unha nova infografía interactiva coa terminoloxía do piano
A infografía foi elaborada coa colaboración de expertos do Museo da Música de Barcelona e da Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC) e inclúe 47 termos xerais e específicos que ilustran as partes do piano. Este material novo pode ser moi útil para os profesionais da música.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Aumentan as axudas para fomentar as películas de gran formato e as series en catalán

O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña destinará 36,9 millóns de euros ao sector audiovisual este ano para poñer en valor o seu cine e dobrará as axudas a series nesta lingua.
Fonte: La Vanguardia
ASUS xa ofrece atención ao cliente e manuais de uso en catalán
Os consumidores da empresa ASUS xa poden consultar en catalán os manuais de uso de catro dos produtos máis vendidos en España, recibir atención telefónica e acceder a un formulario en liña de apoio técnico no que poden requirir asistencia, facer reclamacións ou pedir información nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña presenta un paquete de medidas para mellorar a situación do catalán na xustiza

Debido ao escaso uso do catalán na xustiza, acaba de presentarse un plan para reverter esta situación e garantir así os dereitos lingüísticos dos falantes desta lingua. Entre as medidas propostas destaca a constitución dun pacto nacional pola xustiza, cun grupo de traballo específico para cuestións lingüísticas; un código QR para interpoñer queixas por vulneración dos devanditos dereitos ou unha campaña de concienciación.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Convócanse axudas dirixidas ás editoriais para a tradución de obras non literarias ao catalán
A Generalitat de Cataluña convoca unha liña de axudas á tradución de obras non literarias ao catalán, á que destinará unha partida orzamentaria de 260 000 € e que está destinada a editoriais que, grazas a esta convocatoria, poderán subvencionar o 70 % do custo do proxecto.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña e oito municipios poñen en marcha un plan para mellorar o uso do catalán
A Generalitat, a Deputación de Tarragona e oito municipios desta provincia asinaron un plan de actuación para impulsar medidas destinadas a mellorar a utilización do catalán, así como reforzar o seu uso social.
Fonte: Diari Més
O principal órgano consultivo da Generalitat de Cataluña avala a constitucionalidade da lei sobre o uso das linguas oficiais nas aulas
A nova lei sobre o uso e a aprendizaxe das linguas oficiais na educación non universitaria axústase, de acordo co ditame do Consello de Garantías Estatutarias, á Constitución e ao Estatuto.
Fonte: El Periódico
Boletín
Subscríbase ao boletín