Cataluña
A Generalitat de Cataluña ten dous meses para aplicar a sentenza que obriga a impartir o 25 % das clases en castelán
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña declarou firme a sentenza que obriga a impartir un 25 % de clases en castelán nos centros de ensino, polo que a Generalitat deberá, nun prazo de dous meses, executala de forma voluntaria.
Fonte: El País
Publícase un informe que revela que a mocidade catalá consome máis televisión en castelán
O observatorio Media.cat publica un relatorio que revela que a canle de contidos en catalán TV3 está a perder influencia entre a mocidade catalá e que cada vez máis rapazada consome televisión en lingua castelá.
Fonte: El Nacional
O Goberno catalán presenta o Pacto Nacional pola Lingua

O Pacto Nacional pola Lingua é un acordo que vai marcar as futuras políticas lingüísticas en Cataluña. Busca establecer un diagnóstico común sobre o estado do catalán que facilite o traballo conxunto das institucións, os grupos políticos e a sociedade co obxectivo de aumentar o seu uso e coñecemento.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntase CatVers, o metaverso para impulsar a lingua e a cultura catalás

A Generalitat e a Cámara de Comercio de Barcelona presentaron CatVers, o metaverso catalán desenvolvido polo Centro Blockchain. Trátase dun espazo dixital inmersivo aberto no que se levarán a cabo actividades para promover a lingua e a cultura catalás.
Fonte: La Vanguardia
A Generalitat de Catalunya abre o prazo para formar parte dos censos de entidades de fomento da lingua catalá e da lingua occitana
Xa se abriu o prazo para solicitar a inclusión ou a renovación nos censos de entidades de fomento do catalán e do occitano, que permanecerá aberto ata o 31 de marzo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Catalunya apoiou en 2021 máis de 2000 contidos audiovisuais en catalán

O Departamento de Cultura outorgou en 2021 axudas para a dobraxe e os subtítulos en catalán de máis de 2000 contidos audiovisuais, dos cales 73 foron filmes para salas de cine.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno da Generalitat de Cataluña garantiralle amparo xurídico ao profesorado que preserve o catalán nas escolas
O Goberno catalán comprométese a garantirlles protección xurídica aos docentes dos centros educativos de Cataluña que preserven o modelo de inmersión lingüística.
Fonte: El País
O Grupo Bonpreu súmase á campaña de apoio ao audiovisual en catalán a través do arredondamento solidario
Os supermercados Bonpreu i Esclat aplicarán durante o mes de xaneiro o arredondamento solidario, que se destinará á campaña para fomentar o catalán nas plataformas audiovisuais Netflix, Disney+, HBO, Amazon Prime Video ou Rakuten TV.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Un acordo con empresas do sector permitirá ampliar a oferta de xoguetes en catalán
Un acordo entre o Consorcio pola Normalización Lingüística e as empresas Abacus e Juguettos permitirá ampliar a oferta de xogos e xoguetes en lingua catalá para este nadal. O acordo realizouse no marco do convenio "E ti, xogas en catalán?".
Fonte: Generalitat de Catalunya
Seis de cada dez compañías de seguros e mutuas que operan en Cataluña teñen a súa web en catalán
O número de compañías de seguros e mutuas que teñen a súa web dispoñible en catalán pasou do 45 ao 60 %, o que supón un incremento notable, tendo en conta o importante peso económico deste tipo de empresas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín