Cataluña

A Generalitat de Cataluña ofrece 11 000 prazas para a obtención de certificados oficiais de catalán

No mes de xaneiro ábrese a inscrición ás probas para a obtención dos certificados de catalán. Publicouse a resolución da convocatoria que ten prevista a inscrición dun máximo de 7000 persoas ao certificado de nivel superior (C2) e de 4000 ao resto de certificados.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordena incrementar a presenza do catalán nun centro educativo de Barcelona

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordenou a unha nova escola de Barcelona incrementar as horas de docencia en castelán, aínda que sen mencionar porcentaxes. Así, ademais da materia de Lingua Castelá, deberá impartir unha troncal adicional neste idioma.

Fonte: El País

Cataluña

Convócase un premio literario para obras de non ficción en catalán

A editorial Ara Llibres abriu a convocatoria dun novo premio literario para obras de non ficción en catalán, co gallo da celebración do vixésimo aniversario do seu nacemento. O obxectivo é xerar contidos sólidos e de calidade literaria que se convertan en referentes do xénero e cheguen a un público numeroso.

Fonte: Publishnews

Cataluña

Ponse en marcha unha campaña para dar a coñecer a oferta de xogos e xoguetes en catalán

A campaña Totjoc, á que se adheriron 17 establecementos, pon a disposición da poboación unha páxina web con máis de 1000 xogos en catalán, acompañados dunha información detallada das súas características.

Fonte: CPNL

Cataluña

«Birra» convértese no neoloxismo do ano 2022 en catalán

A palabra birra foi escollida, co 32,6 % dos votos, como neoloxismo do ano 2022 tras unha votación impulsada polo Instituto de Estudos Cataláns e a Universidade Pompeu Fabra, na que quedou en segundo lugar salut mental, co 19,6 %.

Fonte: Última Hora

Cataluña

Comezan as gravacións de voces en aranés para desenvolver tecnoloxías da fala no marco do proxecto Araina

O proxecto Araina ten como obxectivo crear o primeiro corpus de voz en aranés a partir da participación colectiva, para o cal se organizou un acto de oito horas de gravación no que un centenar de persoas leu unhas 4000 frases nesta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Os responsables da política lingüística dos gobernos catalán, valenciano e balear reúnense en Barcelona no marco da Declaración de Palma

A sesión de traballo serviu para acordar a coordinación das políticas de dobraxe e subtitulación ao catalán e a creación dun grupo de traballo para mellorar o sistema de homologacións de títulos de catalán procedentes do ensino regrado, así como analizar a situación desta lingua no mundo dixital, entre outros temas. 

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Xa se pode consultar en liña o Nomenclátor mundial de topónimos en catalán

O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) presentou o Nomenclátor mundial, unha obra que contén 8500 nomes de lugar de máis de 200 países, en concreto, os topónimos máis coñecidos e de uso máis habitual procedentes dun corpus de aproximadamente 7000 formas.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña subvenciona cinco series en catalán

O Departamento de Cultura, no seu esforzo por fomentar a produción audiovisual en catalán, publicou a resolución de concesión das axudas á produción de cinco series de ficción, ás que destinará unha partida de 1,5 millóns de euros respectivamente.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

SAGA, o salón do videoxogo en catalán, buscar darlles visibilidade ás iniciativas nesta lingua

Co obxectivo de amosar a escasa presenza do catalán nos videoxogos nace SAGA, un salón no que cincuenta expositores dan coñecer a oferta existente nesta lingua, así como creadores de contidos, asociacións de usuarios e centros de formación.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder