Cataluña
Preséntase o filme "Detectiu Conan: Black Iron Submarine" en catalán
O filme Detectiu Conan: Black Iron Submarine estréase en 35 salas de toda Cataluña na súa versión dobrada e en versión orixinal subtitulada en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña inicia unha campaña para promover as subscricións a revistas en catalán
Como resposta á censura imposta a cinco revistas en lingua catalá na Comunidade Valenciana, a Generalitat de Cataluña iniciou a campaña Som més fortes que la censura (Somos máis fortes ca censura) para fomentar as subscricións a revistas en catalán tanto para consumo propio como para enviar a calquera entidade da Comunidade Valenciana ou das Illas Baleares.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña publica axudas para incorporar o catalán aos xogos de mesa
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña publicou unha nova partida de axudas para crear máis xogos de mesa en lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O filme "Barbie" estréase dobrado ao catalán
A Secretaría de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Catatluña apoiou a dobraxe ao catalán do filme de éxito Barbie que se estrea agora en máis de 30 salas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Secretaría de Política Lingüística amplía a campaña de uso do catalán durante o verán
A Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña amplía o sitio web da campaña Provem-ho en català que busca fomentar o uso da lingua catalá en varios ámbitos de lecer durante o verán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O censo de entidades de fomento da lingua catalá recibe 31 novas incorporacións
O Censo de entidades de fomento da lingua catalá ten agora 321 entidades tras incorporar este ano 31 novos rexistros. A media de adhesións mantense nas 20 entidades máis cada ano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Actualízase o dicionario de turismo do TERMCAT
Co apoio do Goberno de Andorra, e elaborado conxuntamente polo Departamento de Empresa e Traballo da Generalitat de Cataluña e o TERMCAT, preséntase a versión actualizada e mellorada do Dicionari de turisme, que contén máis de 1200 termos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntase a produción de Disney 'Elemental' con dobraxe ao catalán
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña anunciou a presentación de Elemental, a nova produción de Diseny e Pixar con dobraxe á lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un novo dicionario en liña do TERMCAT recolle o nome dos mamíferos do mundo
A Fundación Barcelona Zoo e o TERMCAT, en colaboración co Museo de Ciencias Naturais de Granollers, publicaron en liña o Diccionari dels mamifers del món que recollerá 6800 termos correspondentes a mamíferos de todo o mundo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O programa de parellas lingüísticas da Generalitat de Cataluña fai 20 anos

O programa de parellas lingüísticas “Voluntariat per la Llengua” da Generalitat de Cataluña, xestionado polo Consorcio pola Normalización Lingüística, conmemora vinte anos de existencia.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín