Cataluña

A Generalitat de Cataluña e a Asociación de Publicacións Periódicas en Catalán repartirán revistas en lingua catalá a centros sanitarios

No marco da campaña «T’agradarà llegir en català» distribuiranse revistas en catalán nas salas de espera de centros sanitarios privados de Cataluña co obxectivo de fomentar a dispoñibilidade de publicacións e de lecturas sobre diferentes temáticas nesta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña subscribe un convenio coa Administración Xeral do Estado para recuperar o catalán no BOE

Este convenio de colaboración ten por obxectivo que se volvan publicar determinadas normas estatais en catalán no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Fonte: El Món

Cataluña

As salas de vista dos xulgados de Cataluña incluirán mensaxes para lembrar o dereito a usar o catalán

Estas mensaxes informativas teñen como obxectivo lembrarlle á cidadanía o dereito a escoller a lingua coa que desexen declarar nos xuízos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Demandan unha materia específica de lingua catalá nos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

A Plataforma per La Llengua e o sindicato UGT solicitáronlle á Generalitat que se introduza unha materia específica de lingua catalá nos ciclos formativos de grao medio e de grao superior no novo currículo educativo para o curso 2024-25.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O colectivo romaní reivindica en Barcelona a súa lingua con motivo do seu día mundial

O 5 de novembro conmemórase o Día Mundial da Lingua Romaní co obxectivo de reivindicar este idioma como testemuño da existencia, da historia e da identidade deste pobo. Grupos de activistas traballan dende hai anos en Barcelona para lograr este obxectivo.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A Generalitat de Cataluña organiza unhas xornadas para fomentar o catalán no ámbito relixioso

As xornadas Relig, que se desenvolven os días 7 e 8 de novembro, buscan impulsar o uso do catalán no ámbito relixioso como lingua de diálogo entre as relixións e como elemento de cohesión social.

Fonte: Siglo XXI

Cataluña

Só o 25 % do alumnado da ESO de Cataluña afirma que se identifica co catalán

Segundo un estudo, a porcentaxe do alumnado de cuarto de ESO que sinala o catalán como a súa lingua de identificación é do 25,4 %, once puntos menos que en 2006.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Nace 3Cat, unha plataforma dixital gratuíta e en catalán

3Cat é unha nova plataforma dixital dos medios públicos que ofrecerá, de xeito gratuíto e en catalán, vídeo e audio a demanda, todos os directo de TV3 e Catràdio, e canles temáticas, así como un amplo catálogo de series, documentais, información, deportes, cultura, divulgación etc.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno de Cataluña presenta unha campaña en todas as linguas oficiais da UE para defender a oficialidade do catalán nas institucións europeas

Esta campaña publicitaria difundirase na vía pública e nos medios de comunicación de todos os Estados membro da UE para defender a oficialidade do catalán nas institucións europeas.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Reactívase o programa de cinema infantil en catalán CINC

O CINC, o programa de cinema infantil en catalán, retoma a súa actividade en outubro coa programación de 160 proxeccións en 26 localidades de Cataluña e dúas na Franxa de Aragón.   

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder