Cataluña

O Goberno de Cataluña organiza cursos de catalán para a mocidade residente no estranxeiro

Estes cursos en liña de aprendizaxe de catalán están dirixidos á mocidade de entre 12 e 17 anos que reside no estranxeiro e que xa estean familiarizados co idioma co obxectivo de que melloren as súas competencias a nivel oral e escrito.   

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Concello de Girona recoñecerá os influencers que publiquen contidos en catalán

O Concello de Girona quere impulsar os influencers que publiquen contidos en catalán nas redes sociais co obxectivo de fomentar o uso desta lingua, así como promover a cidade.

Fonte: El Món

Cataluña

Reus acolle un ciclo de cinema infantil en catalán

Ao longo do mes de agosto a Fira Centre Comercial acolle un ciclo de cinema infantil en catalán que inclúe nove películas que se proxectarán os xoves ás 18.30 horas.

Fonte: Diari Més

Cataluña

A Universidade Rovira i Virgili alcanza cifras récords nos cursos iniciais de catalán para estudantes de fóra de Cataluña

Os cursos iniciais para aprender catalán da Universidade Rovira i Virgili, que se impartirán entre o 7 e o 21 de setembro, alcanzaron os 150 estudantes provenientes de fóra de Cataluña, o que supón unha cifra récord respecto á edición do ano pasado.

Fonte: Diari Més

Cataluña

A lingua sitúase como cuarto motivo máis habitual de discriminación en Barcelona

Segundo o Informe do Observatorio das Discriminacións en Barcelona correspondente ao ano 2022, falar en catalán sitúase como cuarto motivo de discriminación nesta cidade.

Fonte: DBalears

Cataluña

O Porto de Tarragona organiza un ciclo de cinema en catalán

Debido ao éxito da edición do pasado ano, ao longo do mes de agosto ofreceranse sesións de balde todos os xoves, nas que se proxectarán cinco películas en catalán para todos os públicos.  

Fonte: Diari Més Digital

Cataluña

O Goberno catalán sitúa a política lingüística como un dos eixes prioritarios dos orzamentos de cultura para o ano 2024

O catalán e a política lingüística situaranse como eixes prioritarios dos orzamentos de cultura para 2024, como se demostra en iniciativas como o Pacto Nacional pola Lingua.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Preséntase o filme "Detectiu Conan: Black Iron Submarine" en catalán

O filme Detectiu Conan: Black Iron Submarine estréase en 35 salas de toda Cataluña na súa versión dobrada e en versión orixinal subtitulada en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña inicia unha campaña para promover as subscricións a revistas en catalán

Como resposta á censura imposta a cinco revistas en lingua catalá na Comunidade Valenciana, a Generalitat de Cataluña iniciou a campaña Som més fortes que la censura (Somos máis fortes ca censura) para fomentar as subscricións a revistas en catalán tanto para consumo propio como para enviar a calquera entidade da Comunidade Valenciana ou das Illas Baleares.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña publica axudas para incorporar o catalán aos xogos de mesa

O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña publicou unha nova partida de axudas para crear máis xogos de mesa en lingua catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder