Comunidade Valenciana
A Universidade Jaume I inicia unha campaña para promover a matrícula en valenciano
A campaña «A la Universitat, en valencià: sense complexos!» ten como obxectivo, por unha banda, promover a matrícula en valenciano e, por outra, reforzar e fomentar o uso desta lingua no ámbito universitario.
Fonte: El Periòdic
O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana anula varios artigos da Oficina de Dereitos Lingüísticos

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana declarou nulos diversos artigos do decreto que regula a creación e o funcionamento da Oficina de Dereitos Lingüísticos despois dun recurso presentado por unha asociación de defensa do castelán.
Fonte: La Vanguardia
Máis de 30 entidades reclaman unha defensa do valenciano xunto a Cataluña e as Baleares

Entidades da sociedade civil, sindicatos e partidos políticos subscribiron un manifesto para esixirlle á Generalitat Valenciana a defensa do valenciano cun plan de cooperación lingüística xunto a Cataluña e ás Baleares, despois da sentenza do Tribunal Supremo que anula parcialmente o decreto que regula o seu uso na Administración.
Fonte: La Vanguardia
Valencia acolle unha concentración en contra das sentenzas do Tribunal Supremo sobre o valenciano

A concentración produciuse fronte ao Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana para mostrar o rexeitamento ás sentenzas do Tribunal Supremo que confirman a anulación parcial do decreto sobre o uso do valenciano na Administración.
Fonte: La Vanguardia
Apparella’t, a aplicación para mellorar o nivel de valenciano, celebra o seu primeiro aniversario con máis de 10 000 descargas
A aplicación Apparella’t celebrou o seu primeiro aniversario con máis de 10 000 descargas e miles de persoas usuarias que, grazas a esta plataforma, poden practicar valenciano de xeito rápido e sinxelo.
Fonte: València Extra
Incorporan vocabulario LGTBI ao Dicionario normativo valenciano
A Academia Valenciana da Lingua incorporou á edición dixital do seu dicionario un conxunto de palabras propostas polo colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI).
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Valencia impulsa unha iniciativa para promover a música en valenciano
O Concello de Valencia, a través do seu Gabinete de Normalización Lingüística, creou varias listas de reprodución en Spotify con cancións en valenciano. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a variedade musical existente a día de hoxe nesta lingua.
Fonte: València Extra
Dúas profesoras de centros de Xàbia poñen en marcha unha iniciativa lingüística para o confinamento
‘Reto de palabras’ é o nome desta iniciativa que intenta buscar palabras distintas que nomean unha mesma cousa. Este reto, posto en marcha nas redes sociais por dúas profesoras de Xàbia, ten como obxectivo amosar a riqueza lingüística do valenciano e axudar a pasar o tempo de lecer dun xeito diferente durante o confinamento.
Fonte: Xàbia.com
Ponse en marcha en Castelló o voluntariado lingüístico en liña para conversar en valenciano
O Concello de Castelló e Escola Valenciana poñen en marcha o voluntariado lingüístico en liña, unha iniciativa que ten como obxectivo poñer en contacto a través da rede as persoas participantes para que poidan practicar valenciano sen saír da casa.
Fonte: El Periòdic
O Concello de Valencia programa unha serie de actividades para celebrar o Día do Libro e promover o uso do valenciano
O Concello de Valencia preparou unha serie de propostas para celebrar o Día do Libro e fomentar o uso do valenciano no marco da actual crise sanitaria, que incrementou notablemente a presenza do Gabinete de Normalización Lingüística municipal nas redes sociais.
Fonte: NoticiasDe
Boletín
Subscríbase ao boletín