Comunidade Valenciana
A Universidade de Valencia case acadou o seu obxectivo da igualdade lingüística previsto para 2022
Desde hai sete anos a Universidade de Valencia traballa por acadar este obxectivo través do seu Servizo de Política Lingüística que, con accións concretas, conseguiu asegurar este curso o 46 % da docencia en valenciano.
Fonte: Valencia Extra
Un informe recolle as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos falantes de valenciano
Varas entidades recolleron nun documento as vulneracións de dereitos lingüísticos sufridas por falantes de valenciano ao longo do ano 2019, un informe que lle entregaron á Generalitat Valenciana.
Fonte: València Extra
A Academia Valenciana da Lingua demanda unha maior defensa da normativa do valenciano
A AVL inaugurou o curso coa entrega das medallas que recoñecen os labores de difusión e defensa do valenciano e aproveitou para reclamar unha maior atención sobre as normas que velan pola igualdade desta lingua en todos os ámbitos.
Fonte: La Vanguardia
A Rede Pública de Servizos Lingüísticos Valencianos reúnese para traballar en materia de normalización lingüística a nivel local

O recentemente formado órgano de goberno da Xarxa.val, que inclúe representantes da Generalitat Valenciana, 47 municipios, varias mancomunidades e catro das cinco universidades públicas da comunidade, reuniuse para abordar o avance en política lingüística a nivel local así como a estratexia conxunta para seguir nesta materia.
Fonte: La Vanguardia
Os concellos da comarca de L’Horta traballarán conxuntamente para ofrecer unha plataforma electrónica en valenciano

Os municipios valencianos de L’Horta traballan en conxunto para traducir a interface de Sedipualb@, o software da Deputación de Albacete, á lingua valenciana ante as esixencias da Lei 39/2015, que dispón que todos os concellos de España deben implantar a administración electrónica para o ano 2020.
Fonte: Levante EMV
O municipio castellonenco de Vila-real convoca axudas para a promoción do valenciano destinadas a asociacións sen ánimo de lucro
As axudas, convocadas pola Concellería de Normalización Lingüística, están dirixidas á promoción de actividades que fomenten o uso do valenciano en rótulos, documentación, actuacións musicais e teatrais, así como ao emprego deste como lingua vehicular para diversos espazos nos que as asociacións poidan estar traballando.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
O Concello de Castelló presenta unha nova campaña de promoción do valenciano
A nova campaña de promoción do valenciano posta en marcha polo Concello de Castelló ten como lema 'I avant' e o seu obxectivo é promover o uso desta lingua a través de actos e obxectos cotiáns.
Fonte: Castelló Extra
Valencia acolle un ciclo sobre as linguas da cinematografía valenciana

O ciclo 'Cine valencià i cine en valencià. Els llenguatges de la cinematografia valenciana' terá por obxectivo analizar o sector audiovisual na actualidade así como o papel da lingua valenciana neste ámbito e contará con mesas de debate e diversas proxeccións, entre outras actividades.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Onda reparte manteis en bares e restaurantes para fomentar o valenciano

En total repartiranse en bares e restaurantes de Onda 36 000 manteis individuais biodegradables para fomentar o emprego do valenciano entre turistas e visitantes.
Fonte: La Vanguardia
A Coordinadora para o Valenciano no Ensino Universitario impulsa unha iniciativa para recoller propostas relacionadas con esta lingua
Esta entidade porá a disposición da comunidade educativa da Universidade de Valencia unha caixa para que inclúan suxestións e propostas de mellora sobre o valenciano, co obxectivo de asegurar o respecto aos dereitos lingüísticos de toda a comunidade universitaria.
Fonte: València Extra
Boletín
Subscríbase ao boletín