Comunidade Valenciana

Unha traballadora pública do servizo de saúde da Comunidade Valenciana négase a atender un paciente por comunicarse en valenciano

A traballadora do servizo administrativo do centro de saúde de Beniparrell dependente da Consellería de Educación esixiu ao interesado que se comunicase en castelán alegando que non entendía o valenciano.

Fonte: Valencia Extra

Comunidade Valenciana

Máis do 90 % do profesorado da Universidade de Valencia conta cunha acreditación C1 ou C2 en lingua valenciana

Desde que en 2012 a Universidade de Valencia aprobou o seu plan de incremento da docencia en valenciano, o número de docentes con esta acreditación creceu ata superar o 90 % actual. Isto supón unha subida de máis de 15 puntos porcentuais dende 2015. 

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

Reclámanlle ao novo Goberno valenciano un impulso á igualdade lingüística

Intersindical Valenciana reclama medidas como a competencia lingüística para a función pública ou a creación dun espazo comunicativo compartido entre os territorios de fala catalá. 

Fonte: València Extra

Comunidade Valenciana

O Concello de Sagunto pon en funcionamento unha campaña de dinamización do valenciano

Trátase dunha campaña de sensibilización que busca invitar a iniciar unha conversación en valenciano mediante esta sinxela mensaxe. Empregaranse diferentes materiais para difundir esta campaña co obxectivo de dinamizar o uso da lingua en todos os ámbitos posibles. 

Fonte: El Económico

Comunidade Valenciana

A Universidade de Valencia crea unha Cátedra de Dereitos Lingüísticos co apoio da Consellería de Educación da Comunidade Valenciana

Esta cátedra terá a finalidade de impulsar a creación de actividades de difusión e o recoñecemento dos dereitos lingüísticos e o multilingüismo. Estará apoiada economicamente pola Consellería de Educación na realización e a promoción de labores de investigación e divulgación académica mediante programas de bolsas, que axudarán a consolidar esta universidade como referente no estudo e a docencia en valenciano. 

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

O Concello de Nules abre a convocatoria para solicitar axudas para a promoción do valenciano nas empresas

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Nules abriu a convocatoria de axudas para a promoción do valenciano por parte de empresas, comercios e industrias. Segundo a convocatoria, subvencionarase, cun máximo de cincocentos euros, ata un 75 % do orzamento solicitado para a rotulación exterior e interior de locais, rotulación de vehículos, impresos publicitarios e comerciais, etiquetas, carteis etc.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

O valenciano supón o 2 % do PIB no seu territorio e xera máis de 55 000 empregos

A Generalitat Valenciana presentou a Col·lecció Rafael L. Ninyoles, cinco volumes de estudos sobre o impacto do valenciano na economía. O primeiro deles determina os catro ámbitos nos que o valenciano é chave e cifra a contribución directa e indirecta desta lingua en 2065 millóns de euros. Isto supón un peso das actividades relacionadas dun 2,1 % sobre o PIB rexional ou, o que é o mesmo, 56 367 empregos a tempo completo (o 3 % dos empregos do territorio).

Fonte: El Diario

Comunidade Valenciana

Reclaman a plena competencia en valenciano como requisito para traballar no sector público

Escola Valenciana reclama que se esixa o coñecemento da lingua valenciana na función pública e que esta deixe de ser un mérito. Ademais, defenden a incorporación da plena competencia en valenciano, con carácter previo ás oposicións, a todos os traballadores e traballadoras do sector público, o que é imprescindible para mellorar a calidade na prestación de servizos públicos.

Fonte: Valencia Plaza

Comunidade Valenciana

Castelló é a provincia da Comunidade Valenciana onde máis se usa o valenciano nas redes sociais

O emprego da lingua valenciana, segundo a última Enquisa do Uso Social do Valenciano da Consellería de Educación, vai a máis nas redes sociais, coa provincia de Castelló á fronte deste uso na última década cunha porcentaxe do 51 %. Os datos revelan ademais que o 37,7% de castellonencos se comunica en castelán en Facebook, Twitter e Whatsapp, un 3,6 % noutras linguas e a un 7,3 % élle indistinto.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

O Instituto Valenciano de Arte Moderna publica os seus catálogos en valenciano

O Instituto Valenciano de Arte Moderna (IVAM) e a Academia Valenciana da Lingua (AVL) colaborarán para publicar en valenciano os catálogos de arte do IVAM, coincidindo co Día do Libro.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder