Comunidade Valenciana
As oficinas da Policía Nacional da Comunidade Valenciana deberán contar, como mínimo, cun axente que saiba valenciano

Ante as denuncias por discriminación lingüística que se produciron nos últimos meses na Comunidade Valenciana, a Dirección Xeral da Policía Nacional enviou unha circulara para que en cada quenda haxa, polo menos, un funcionario que poida atender a cidadanía en valenciano.
Fonte: La Vanguardia
Apróbase o proxecto de lei da función pública valenciana que esixirá o requisito lingüístico para acceder á Administración

O proxecto de lei da función pública valenciana establece, por primeira vez nesta comunidade, a esixencia, para quen queira acceder a un emprego na Administración, dunha capacitación lingüística de valenciano proporcional e adecuada ao posto que se vaia desempeñar.
Fonte: La Vanguardia
Valencia acolle un recital poético nas diferentes linguas do Estado

Valencia convértese na capital da poesía e a diversidade lingüística cun acto no que intervirán oitos poetas que ofrecerán un recital en varias linguas, como galego, valenciano, éuscaro, catalán e castelán.
Fonte: La Vanguardia
A Deputación de Castelló súmase á rede de servizos lingüísticos para fomentar o uso do valenciano na Administración local
A recentemente creada Área de Normalización Lingüística da Deputación de Castelló bota a andar co obxectivo de incrementar o uso do valenciano nas administracións locais. Por este motivo, unha das súas primeiras accións vai ser adherirse á rede pública de servizos lingüísticos.
Fonte: El Periodic
O Concello de Nules inicia unha campaña de promoción do valenciano entre escolares

A Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Nules inicia unha campaña de promoción do valenciano co reparto de almanaques que inclúen léxico e diversas expresións nesta lingua e que serán repartidos entre os centros escolares da localidade.
Fonte: El Periodic
A Generalitat Valenciana incrementa o investimento para os intercambios de valenciano entre centros educativos
O programa de intercambios escolares busca favorecer a cohesión lingüística para o que os centros públicos con maioría de alumnado falante de valenciano estableza vínculos e comparta proxectos cos de zonas castelanfalantes.
Fonte: Levante EMV
A Plataforma pola Lingua da Comunidade Valenciana publica un libro dirixido á integración lingüística das persoas latinoamericanas
Este novo material ten como finalidade facilitar a integración lingüística das persoas chegadas de Latinoamérica a través da exposición das vantaxes de aprender a falar o catalán, novena lingua da Unión Europea, presente nun territorio de máis de 68 000 quilómetros cadrados no que máis de 9 millóns de persoas poden falar esta lingua.
Fonte: El Confidencial Autonómico
Celébranse 87 anos da aprobación das Normas de Castelló, as regras que unificaron a ortografía do valenciano
Castelló pola Lingua celebrou un acto para conmemorar os 87 anos da aprobación das Normas de Castelló, que sentaron as bases ortográficas do valenciano en 1932.
Fonte: La Vanguardia
A Academia Valenciana da Lingua fixo xa a tradución do 90 % dos textos litúrxicos ao valenciano
En 2001 creouse a comisión encargada do proceso de tradución dos textos litúrxicos ao valenciano e actualmente o 90 % destes foi xa traducido, incluíndo o misal romano. Porén, o proxecto mantense bloqueado e os documentos que conteñen oracións, rituais e misas só están publicados na web da AVL.
Fonte: Levante
Ponse en marcha a campaña 'Tenim Drets' para defender os dereitos lingüísticos dos valencianos
Esta campaña busca apoiar e facer visibles os dereitos lingüísticos dos falantes de valenciano, polo que inclúe unha plataforma web a través da cal se poden realizar, entre outras, reclamacións ante calquera entidade pública da comunidade así como consultar unha guía práctica de dereitos lingüísticos.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín