Comunidade Valenciana
A Universidade de Alacant acollerá unha nova edición do ciclo de cine en valenciano
Cinema en Valencià celebra unha nova edición nas instalacións da Universidade de Alacant cun programa que inclúe sete proxeccións familiares de cine en valenciano. A entrada é gratuíta e as prazas limitadas.
Fonte: Información
O Concello de Xàbia crea unha revista dixital para fomentar o uso do valenciano

O Concello de Xàbia creou Valora’t, unha revista dixital en valenciano de carácter mensual coa que se pretende impulsar o uso do valenciano e dar a coñecer o vocabulario de diferentes áreas temáticas.
Fonte: Xàbia al día
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana permitiralle certificar a capacitación en valenciano ao persoal interino
A Consellería de Educación impartirá cursos de cen horas en seis institutos de Secundaria para que o persoal interino poida certificar o nivel C1 de valenciano, necesario para impartir clases nos centros educativos da Comunidade.
Fonte: Levante-EMV
A televisión autonómica À Punt Média emite un anuncio para a promoción do Dicionario normativo valenciano
A Academia Valenciana da Lingua puxo en marcha unha campaña de divulgación para difundir o Dicionario normativo valenciano, unha ferramenta que xa conseguiu 35 millóns de consultas na súa edición dixital dende que se publicou en febreiro do 2014.
Fonte: Valencia Extra
Nace Valentubers, a revista dixital para as canles de YouTube en valenciano

Esta revista, impulsada por Rosella Espinós, estudante de cuarto curso de Xornalismo na Universidade de Valencia, converteuse nun punto de encontro e de referencia para todos os youtubers que fan os seus contidos en valenciano.
Fonte: La Vanguardia
A Wikipedia en valenciano chega aos 600 000 artigos

A Viquipèdia (Wikipedia en valenciano) superou os 600 000 artigos, unha cifra que a converte na 20ª en número de artigos. Ademais, en canto á súa calidade, sitúase entre as tres primeiras, xunto coas versións rusa e serbia.
Fonte: La Vanguardia
A lei do Síndic de Greuges esixirá o coñecemento do valenciano para acceder a esta institución

O Goberno da Comunidade Valenciana presentou un proxecto de lei do Síndic de Greuges que inclúe por primeira vez nun organismo estatutario o coñecemento do valenciano como requisito para dirixir esta institución.
Fonte: Las Provincias
Convócanse axudas para a realización de actividades de inmersión en valenciano en centros educativos de zonas castelanfalantes

A Generalitat Valenciana vai convocar axudas para que os centros públicos situados en zonas castelanfalantes poñan en marca actividades de inmersión lingüística en valenciano co obxectivo de fomentar entre o alumnado o seu uso, así como actitudes positivas cara a esta lingua.
Fonte: Las Provincias
Unha campaña fomenta o valenciano na localidade de Santa Pola
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santa Pola iniciou unha campaña para promover o valenciano nas compras de Nadal.
Fonte: Ajuntament de Santa Pola
Nace unha aplicación que denuncia os rótulos oficiais que non estean escritos en valenciano
A Asociación Cívica Valenciana Tirant lo Blanc lanza unha aplicación móbil para que calquera usuario poida denunciar aqueles rótulos e sinais dos espazos de uso común que non cumpran coa normativa en valenciano ou teñan erros.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín