Comunidade Valenciana
A lei do Síndic de Greuges esixirá o coñecemento do valenciano para acceder a esta institución

O Goberno da Comunidade Valenciana presentou un proxecto de lei do Síndic de Greuges que inclúe por primeira vez nun organismo estatutario o coñecemento do valenciano como requisito para dirixir esta institución.
Fonte: Las Provincias
Convócanse axudas para a realización de actividades de inmersión en valenciano en centros educativos de zonas castelanfalantes

A Generalitat Valenciana vai convocar axudas para que os centros públicos situados en zonas castelanfalantes poñan en marca actividades de inmersión lingüística en valenciano co obxectivo de fomentar entre o alumnado o seu uso, así como actitudes positivas cara a esta lingua.
Fonte: Las Provincias
Unha campaña fomenta o valenciano na localidade de Santa Pola
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santa Pola iniciou unha campaña para promover o valenciano nas compras de Nadal.
Fonte: Ajuntament de Santa Pola
Nace unha aplicación que denuncia os rótulos oficiais que non estean escritos en valenciano
A Asociación Cívica Valenciana Tirant lo Blanc lanza unha aplicación móbil para que calquera usuario poida denunciar aqueles rótulos e sinais dos espazos de uso común que non cumpran coa normativa en valenciano ou teñan erros.
Fonte: La Vanguardia
Ponse en marcha unha campaña contra a discriminación lingüística na Comunidade Valenciana
'Prou de valencianofòbia' é unha campaña, impulsada pola Plataforma per la Llengua, que denuncia a discriminación lingüística e reivindica o dereito a falar valenciano en calquera ámbito.
Fonte: La Vanguardia
A Lei de función pública da Comunidade Valenciana recolle o requisito lingüístico excepto no ámbito da sanidade
O anteproxecto da Lei de función pública, que regula o nivel de valenciano das persoas candidatas a ocupar un posto na Administración, inclúe o requisito lingüístico para o persoal que traballa na Generalitat, agás no ámbito sanitario.
Fonte: La Vanguardia
Preséntase unha plataforma para fomentar o uso do valenciano entre a mocidade

A plataforma “Valencià en xarxa” preséntase como un proxecto innovador e colaborativo a prol do futuro do valenciano a través da súa promoción en todos os ámbitos de uso social e a conexión, principalmente, coa xente nova.
Fonte: València Extra
A Academia Valenciana da Lingua expresa a súa preocupación ante os ataques á oficialidade do valenciano
A Academia Valenciana da Lingua inaugurou o curso 2018-2019 na sede do Mosteiro de San Miguel de los Reyes, onde comentou a súa preocupación polos ataques que sofren as linguas cooficiais como o valenciano.
Fonte: La Vanguardia
A Academia Valenciana da Lingua considera que o valenciano é unha materia pendente no ámbito xudicial
Segundo un comunicado emitido pola Academia Valenciana da Lingua, o valenciano é aínda unha materia pendente en moitos ámbitos, como o xudicial. Así mesmo, recoñeceu a importancia das reivindicacións recollidas na Declaración Valencianista para a promoción desta lingua.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
A Universidade de Valencia ofertará un 46% das clases en valenciano durante o curso 2019-2020
O Plan de Incremento da Docencia en Valenciano aumentará un 3% a súa oferta cada ano, ata acadar un 50% no 2022. Este proxecto indica que sempre que nunha materia haxa máis dun grupo en lingua non estranxeira, polo menos, un debe de ser en valenciano.
Fonte: Levante-EMV
Boletín
Subscríbase ao boletín