Comunidade Valenciana
A Deputación de Castelló ensina romanés a policías locais e funcionarios
Os funcionarios das administracións locais de Castelló recibirán este ano clases de aprendizaxe do idioma romanés nunha das accións formativas do Plan de formación continua da Deputación de Castelló. A necesidade de adaptarse aos cambios culturais motiva este curso, como en anos anteriores foron os de árabe.
Fonte: Levante-EMV
O Goberno valenciano rexeita que a reciprocidade de TV-3 e C-9 se basee en que usan a mesma lingua
O vicepresidente primeiro do Consell, Vicente Rambla, rexeitou a moción aprobada no Congreso dos Deputados na que se pide que se facilite que TV3 e Canal 9 poidan verse reciprocamente na Comunidade Valenciana e Cataluña porque comparten "un mesmo sistema lingüístico".
Fonte: El Periódico
A Academia Valenciana da Lingua comprométese a traballar para normalizar o valenciano na igrexa
A presidenta da Academia Valenciana da Lingua (AVL), Asunció Figueres, comprometeuse a "traballar para normalizar o valenciano no ámbito da igrexa", tras a reunión mantida cun grupo de membros do Bloc Jove, con motivo do Día da Lingua Materna.
Fonte: ADN
A Consellería de Educación valenciana incorporará o chinés mandarín como optativa a partir do curso 2010-2011
A Generalitat valenciana incorporará unha optativa de chinés mandarín ao sistema educativo público valenciano no curso 2010-2011 para os alumnos de Bacharelato e do último ciclo de Secundaria, segundo anunciou o conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora.
Fonte: Las Provincias
A enquisa da Academia Valenciana da Lingua afirma que o 71% da poboación da comunidade controla a lingua
A última enquisa realizada pola Academia Valenciana da Lingua (ALV) a nivel de toda a Comunidade Valenciana (datada en 2004) sobre o uso da lingua vernácula reflectía que o 36% dos cidadáns da autonomía falaba "perfectamente" o valenciano. O informe tamén reflectiu que a porcentaxe de cidadáns da Comunidade que falaba bastante ben ou perfectamente o idioma representaba o 51%.
Fonte: Las Provincias
Alacant aprobará unha ordenanza que obriga a rotular as súas rúas nas dúas linguas
A cidade de Alacant ultima a súa primeira ordenanza sobre rotulación de rúas, na que recolle que as placas de identificación das vías públicas deberán estar escritas en valenciano e castelán.
Fonte: El País
Máis de 90.000 nenos quedan sen estudar en valenciano por falta de oferta
Un estudo da Unidade para a Educación Multilingüe da Universidade de Alacant critica que a ausencia de oferta de liñas de ensino en valenciano por parte da Generalitat Valenciana impide que 92.000 nenos poidan estudar nesta lingua.
Fonte: Món Divers
Educación fomentará o uso do valenciano entre os turistas e residentes alemáns en Alacant
O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, informou sobre a edición dunha guía de valenciano para alemáns ante a relevancia que ten este colectivo na Comunidade.
Fonte: Las Provincias
As Xornadas para reivindicar o valenciano céntranse no ocio e a cultura
Case 200.000 persoas participaron nas Trobades d'Escoles en Valencià (Xornadas de Escolas en Valenciano) o ano pasado. A 24ª edición desta iniciativa de reivindicación do valenciano pretende bater esta cifra.
Fonte: Las Provincias
O valenciano fálase máis nas cidades medias
O uso social do valenciano inicia a súa recuperación nas cidades medias da Comunidade Valenciana. Alcoi e Gandia encabezan a lista de localidades nas que a lingua parou a recesión iniciada no século XIX como consecuencia do asentamento da burguesía nas cidades.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín