Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación valenciana permitiralles a colexios impartir o 80 % do ensino en inglés a partir do curso próximo

O Diario Oficial da Comunidade Valenciana (DOCV) publicou a orde da Consellería de Educación pola que se establece a organización e estrutura do programa experimental plurilingüe que permitirá que a partir do próximo curso 2009-2010 algúns colexios públicos da Comunidade impartan o 80 % das ensinanzas en inglés, mentres que o 20 % restante se dará en castelán e valenciano.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Os tribunais valencianos avalan unha vez máis a unidade do catalán

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana ditou unha sentenza que ratifica a validez da titulación de Filoloxía Catalá para eximir das probas de coñecemento do valenciano os opositores a docentes.

Fonte: Avui

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación valenciana sumará o francés ao modelo plurilingüe con clases nese idioma e intercambios

A Consellería de Educación valenciana vai integrar no seu modelo de ensino plurilingüe o francés a través dun convenio marco subscrito entre o Goberno valenciano e o francés e que se prevé concretar coa impartición de clases nesa lingua e o fomento dos programas de intercambio, tanto de profesores como de alumnos.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana coordina un proxecto europeo para facilitar a formación en liña de inglés para persoas xordas

A Generalitat Valenciana coordina o proxecto BASE (Basic Skills in English for Deaf Adults), cofinanciado pola Comisión Europea, que ten como finalidade facilitar a formación en liña do idioma inglés para as persoas xordas.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación valenciana inviste case tres millóns de euros na promoción do valenciano

O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, destacou que o seu departamento investirá un total de 2.969.000 euros este ano para levar a cabo diferentes iniciativas de promoción do uso do valenciano, tanto nas institucións, coma no "día a día" da vida social da Comunidade Valenciana.

Fonte: Diario Crítico de la Comunitat Valenciana

Comunidade Valenciana

Acción Cultural do País Valenciano anuncia un recurso contra a retirada do valenciano como requisito no Concello de Ontinyent

Acción Cultural do País Valenciano anunciou un recurso contra a supresión do valenciano como requisito para acceder a un posto de funcionario no Concello de Ontinyent, que a alcaldesa Lina Insa anunciara en marzo.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

China enviará profesores para impartir o seu idioma nos institutos da Comunidade Valenciana desde o curso 2010-2011

O Consello de Goberno aprobou o acordo administrativo entre a Consellería de Educación valenciana e a entidade Hanban para integrar en centros educativos da Comunidade Valenciana a profesores voluntarios de chinés durante o curso 2010-2011.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Alboraia é o primeiro concello que elimina a súa oficina de promoción do valenciano

O Concello de Alboraia decidiu eliminar a oficina para a promoción do uso do valenciano e convértese así no primeiro municipio da Comunidade Valenciana en facer desaparecer este órgano, segundo denunciaron técnicos lingüísticos municipais de varias localidades.

Fonte: ADN

Comunidade Valenciana

O PP valenciano defende que as materias en inglés facilitarán o acceso laboral

A portavoz de Educación do grupo parlamentario popular nas Cortes Valencianas, Maira Barrieras, destacou que a posibilidade de impartir diferentes materias en inglés, que está estudando a Generalitat Valenciana, "contribuirá á mellor formación dos estudantes valencianos e a que sexan máis competentes á hora de acceder ao mundo laboral".

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

O Bloque Nacionalista Valenciano pediralle á Consellería de Sanidade que a web da gripe A teña unha versión en valenciano

O secretario xeral do Bloque Nacionalista Valenciano e deputado de Compromiso polo País Valenciano nas Cortes Valencianas, Enric Morera, anunciou que desde a súa formación política lle pedirán á Consellería de Sanidade que, "por respecto ao pobo valenciano e ás súas leis fundamentais", a web informativa da gripe A tamén teña unha versión en valenciano "na maior brevidade posible".

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder