Comunidade Valenciana
As traducións nos xulgados de Alacante crecen un 52 % no primeiro semestre deste ano
As interpretacións e traducións de linguas estranxeiras nos xulgados da provincia de Alacante aumentaron un 52 % durante o primeiro semestre do ano con respecto ao mesmo período de 2008 ao alcanzar as 4.604. O árabe, con 1.161 actuacións, o inglés, con 838, e o romanés, con 621, son as linguas máis utilizadas.
Fonte: La Verdad
Amoestan a alcaldesa de Alacant por non responder en valenciano a un veciño que elixira esta lingua
O Síndic de Greuges (Valedor do Pobo de Valencia) lembroulle este mes nunha carta á alcaldesa de Alacant a obriga legal de "respectar os dereitos lingüísticos dos administrados" e de responderlles na lingua que estes elixisen, que é o valenciano no caso da queixa que motivou este pronunciamento.
Fonte: El País
A Consellería de Educación de Valencia aposta por potenciar o valenciano nas festas populares
A Consellería de Educación puxo en marcha a campaña de divulgación do valenciano "De festa, en valencià, naturalment" (De festa, en valenciano, naturalmente), que ten por obxecto potenciar o uso deste idioma nas festas populares.
Fonte: La Verdad
Aumentan en 257 os grupos que ofrecen ensino en valenciano no curso 2009-2010
O conselleiro valenciano de Educación presentou o curso 2009-2010, que chegará a 766.332 matriculados nos diversos niveis da educación non universitaria. Polo que respecta ás liñas, neste curso haberá 3789 grupos en valenciano, 257 máis có ano pasado.
Fonte: Pàgina 26
Impulsan unha iniciativa lexislativa popular para legalizar TV3 na Comunidade Valenciana e dar espazo comunicativo ao catalán
Sindicatos, partidos e asociacións impulsan unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para conseguir a legalización das emisións da canle autonómica catalá TV3 na Comunidade Valenciana e "cambiar as regras do xogo no Estado Español" para que linguas como o catalán, o galego e o éuscaro dispoñan dun espazo comunicativo definido.
Fonte: Europa Press
O Servizo de Linguas da Universidade Jaume I inicia unha nova campaña de ´Matricúlate en valenciano´
O Servizo de Linguas e Terminoloxía da Universidade Jaume I inicia unha nova campaña para promover que os estudantes elixan o profesorado que imparte clase en valenciano e a mesma opción lingüística no impreso de matrícula, así como para aumentar o uso da lingua propia.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
Dous de cada tres secretarios xudiciais valencianos descoñecen o valenciano
Dous de cada tres secretarios xudiciais destinados nos xulgados da Comunidade Valenciana descoñecen o valenciano. E ademais, o problema é que o terzo que o domina tampouco pode utilizalo de forma habitual nos escritos porque o sistema informático implantado pola Generalitat Valenciana só está en castelán.
Fonte: Levante
Acción Cultural do País Valenciano convoca "Correllengua 2009", en favor da lingua catalá
Acción Cultural do País Valenciano, con ocasión do 9 de outubro, convocou por décimo cuarto ano consecutivo Correllengua, considerada a iniciativa non institucional máis multitudinaria en favor da lingua catalá, informan fontes desta entidade.
Fonte: ADN
O Concello de Ontinyent non lles esixirá o valenciano aos funcionarios
O Concello de Ontinyent (Valencia) aprobou a non obrigatoriedade de coñecer o valenciano para os funcionarios municipais tras concluír o período habilitado para a presentación de alegacións.
Fonte: Europa Press
A Academia Valenciana da Lingua reúne nunha obra máis de 50.000 topónimos valencianos
A Academia Valenciana da Lingua (AVL) presentou o Corpus Toponímic Valencià, unha obra en dous volumes que recolle máis de 50.000 topónimos, na que interviñeron, desde o seu inicio hai máis de dez anos, a Universidade de Valencia (UV), a Consellería de Cultura e a propia AVL.
Fonte: ADN
Boletín
Subscríbase ao boletín