Comunidade Valenciana

O 22% das áreas de coñecemento da Universidade Jaume I non ten docencia en valenciano

O informe "Les llengües de la docència en la Universitat Jaume I" (As linguas da docencia na Universidade Jaume I) correspondente ao actual curso reflicte síntomas de recuperación no uso do valenciano como lingua vehicular nas clases. Pese a isto, aínda restan algunhas tendencias que corrixir.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Unha asociación abre un servizo telefónico que asesorará sobre os dereitos lingüísticos dos falantes de valenciano

Acción Cultural do País Valenciano (ACPV) poñerá en funcionamento o denominado Telèfon de la Llengua (Teléfono da Lingua), un servizo de asesoramento telefónico orientado a garantir os dereitos lingüísticos dos falantes de valenciano.

Fonte: Món Divers

Comunidade Valenciana

Un sistema de interpretación permite en Valencia o entendemento en máis de 20 linguas estranxeiras entre paciente e médico

A Consellería de Sanidade de Valencia dispón dun sistema de interpretación simultánea entre os pacientes estranxeiros e os médicos dalgúns departamentos. Trátase do sistema de interpretación de enlace que, mediante acceso telefónico con dobre auricular, permite o entendemento en máis de vinte linguas estranxeiras entre paciente e médico.

Fonte: Qué

Comunidade Valenciana

Cruz Vermella ofrece clases de valenciano para estranxeiros

A elevada demanda por parte da poboación estranxeira fixo que Cruz Vermella, en colaboración coa Academia Valenciana da Lingua, incremente o número de clases de valenciano destinadas especialmente a este colectivo en toda a provincia de Castellón.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

O chinés será un idioma optativo en 30 institutos da Comunidade Valenciana no curso 2010-2011

O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, anunciou que as clases de chinés mandarín comezarán a impartirse en 30 centros públicos de secundaria da Comunidade Valenciana a partir do curso 2010-2011.

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

Un estudo afirma que o 98 % dos alumnos estranxeiros da Comunidade Valenciana coñece algunha lingua oficial

Un estudo da Fundación Ceimigra revela que o 97,8 % dos estudantes estranxeiros da Comunidade Valenciana ten coñecementos dalgunha das dúas linguas oficiais e só o 2,2 % carece completamente de competencias comunicativas.

Fonte: Panorama Actual

Comunidade Valenciana

Escola Valenciana afirma que a demanda de liñas en valenciano supera o 50 %, pero a oferta está "estancada" no 25 %

Escola Valenciana acusou a Consellería valenciana de Educación de "incumprir" a Lei de uso e ensinanza do valenciano (LUEV) ao "negarse a autorizar as solicitudes de ducias de consellos escolares de centros que piden máis prazas en valenciano".

Fonte: EcoDiario

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación valenciana promove a lingua e a cultura romanesas en centros docentes da Comunidade

O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, destacou a vontade da Generalitat de prestar a máxima cooperación ao proxecto de ensino da lingua, cultura e civilización romanesas.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua presenta vocabularios básicos de diferentes áreas

Con esta iniciativa o ente normativo pretende recuperar as fórmulas "comúns, populares e tradicionais" e por iso presentou os doce primeiros vocabularios básicos dirixidos á cidadanía en xeral, pero tamén a grupos concretos como os escolares, os inmigrantes ou os profesionais.

Fonte: Pàgina 26

Comunidade Valenciana

Un informe alerta da deterioración do catalán nas grandes cidades valencianas

Un informe do Observatorio da Lingua Catalá e a Rede Cruscat (Coñecementos, Representacións e Usos do Catalán) do Instituto de Estudos Cataláns recoñece avances en Cataluña no uso social do catalán, aínda que alerta da súa deterioración, sobre todo nas grandes cidades valencianas.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder