Navarra
O Goberno de Navarra abre o período de matrícula para que as persoas adultas aprendan éuscaro
O 4 de setembro finaliza o prazo de matrícula para a aprendizaxe do éuscaro por parte de persoas adultas no Euskaltegi Zubiarte de Huarte / Uharte no curso 2022-2023.
Fonte: Gobierno de Navarra
O colectivo Agerraldia organiza unha carreira para impulsar o coñecemento do éuscaro no sur de Navarra
O colectivo Agerraldia organiza en Bardenas a carreira Santxikorrota para promover o coñecemento do éuscaro e fomentar actitudes favorables cara a esta lingua. A proba celebrarase o 2 de outubro e percorrerá 20 quilómetros.
Fonte: Noticias de Navarra
Dúas asociacións culturais inician un proxecto para recuperar o patrimonio musical popular en éuscaro
As asociacións culturais Elutseder do val de Erro e Garaitzeko Asi de Burguete puxeron en marcha unha iniciativa para transmitir cancións populares en éuscaro destas dúas localidades pirenaicas.
Fonte: EITB
Unha cantante arabesa triunfa con versións en éuscaro de dúas das cancións do verán
A cantante Kai Nakai triunfa coas súas versións en éuscaro dos temas Despechá, de Rosalía, e Quédate, de Bizarrap y Quevedo.
Fonte: Noticias de Álava
As rúas da localidade de Lodosa estarán en éuscaro e castelán
Coa iniciativa de Lodosa Bizirik, unha entidade que dinamiza o uso do éuscaro, a súa normalización e a cultura navarra, o Concello de Lodosa colocará 154 novas placas nesta lingua e en castelán en 78 rúas, prazas e avenidas. Afirman que este cambio é unha das accións que necesitan para dar visibilidade e normalizar o éuscaro na localidade.
Fonte: Noticias de Navarra
Descende lixeiramente o emprego do éuscaro na Comunidade Foral de Navarra

Segundo un estudo, o emprego do éuscaro en Navarra sufriu un descenso de 0,8 puntos respecto a 2016. Como dato positivo sinálase un incremento no número de falantes entre a poboación máis nova, o que podería considerarse un sinal de recuperación social desta lingua.
Fonte: El Diario
Nace “Laba”, un local para fomentar o uso do éuscaro en Pamplona

Co obxectivo de aumentar o número de falantes de éuscaro en Pamplona, un grupo de mozos crea "Laba", un espazo que se localiza no centro da capital para chegar a un público maior e consolidar o uso desta lingua a través de actividades culturais moi variadas.
Fonte: elDiario.es
O Goberno de Navarra estuda posibles vías de participación no PERTE da nova economía da lingua
O Goberno navarro analizou co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital as posibles vías de participación de Navarra no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da nova economía da lingua.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra convoca axudas para a aprendizaxe do éuscaro
Esta convocatoria, á que se destinaron 300 000 euros, está dirixida ás persoas adultas que queiran aprender éuscaro. As subvencións concederanse ás modalidades de internado, cursos extensivos e intensivos, autoaprendizaxe e cursos específicos.
Fonte: Gobierno de Navarra
Preséntase o proxecto Anima-Euskera, unha homenaxe a cinco personaxes que mantiveron vivo o éuscaro e a cultura en Navarra
O proxecto Anima-Euskera é unha homenaxe audiovisual e ilustrada a cinco personaxes que mantiveron vivo o éuscaro e a cultura en Navarra: Perpetua Saragüeta, Mariano Izeta, Julia Fernández Zabaleta, Ceferina Fontellas e Juan de Amendux.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín