Navarra
Preséntase a sexta edición de Sarean Euskaraz, un programa de fomento do éuscaro no ámbito das TIC

Pamplona acollerá os días 13 e 14 de outubro a sexta edición de Sarean Euskaraz na que participarán máis de 1300 mozas e mozos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Trátase dunha iniciativa do Goberno navarro para dar a coñecer e impulsar o uso do éuscaro nas TIC e promover a cultura dixital nesta lingua, principalmente, entre a mocidade.
Fonte: Gobierno de Navarra
A rede Civivox organiza un concurso de microrrelatos en éuscaro
O concurso de microrrelatos en éuscaro «Iruñea Bihotzean» (Pamplona do meu querer) pretende impulsar a creatividade nesta lingua a través deste xénero. Establécense categorías por idade e a temática dos textos é libre, aínda que as historias deben ter Pamplona como escenario.
Fonte: Pamplona Actual
O Goberno de Navarra presenta unha campaña para promover a aprendizaxe do éuscaro entre persoas adultas

A campaña «Euskera ahora» para impulsar a aprendizaxe do éuscaro entre persoas adultas pretende animar principalmente a xente nova para que estude esta lingua presentándoa como unha escolla atractiva que ofrece novas vivencias e oportunidades.
Fonte: Gobierno de Navarra
Estréase un videoxogo de pelota vasca ao que se pode xogar en éuscaro
A pelota vasca é un dos cinco deportes incluídos en Narona Sports, un videoxogo desenvolvido pola empresa navarra Cokoon Games Lab para a Nintendo Switch no que o éuscaro figura entre as oitos linguas dispoñibles.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Concello de Pamplona abre o prazo para presentarse ao seu Certame Literario en éuscaro
O prazo do Certame Literario en éuscaro permanecerá aberto ata o 28 de outubro. Poderán presentarse autoras ou autores navarros ou residentes en Navarra con textos orixinais de tema libre.
Fonte: Navarra Televisión
O Goberno de Navarra abre o período de matrícula para que as persoas adultas aprendan éuscaro
O 4 de setembro finaliza o prazo de matrícula para a aprendizaxe do éuscaro por parte de persoas adultas no Euskaltegi Zubiarte de Huarte / Uharte no curso 2022-2023.
Fonte: Gobierno de Navarra
O colectivo Agerraldia organiza unha carreira para impulsar o coñecemento do éuscaro no sur de Navarra
O colectivo Agerraldia organiza en Bardenas a carreira Santxikorrota para promover o coñecemento do éuscaro e fomentar actitudes favorables cara a esta lingua. A proba celebrarase o 2 de outubro e percorrerá 20 quilómetros.
Fonte: Noticias de Navarra
Dúas asociacións culturais inician un proxecto para recuperar o patrimonio musical popular en éuscaro
As asociacións culturais Elutseder do val de Erro e Garaitzeko Asi de Burguete puxeron en marcha unha iniciativa para transmitir cancións populares en éuscaro destas dúas localidades pirenaicas.
Fonte: EITB
Unha cantante arabesa triunfa con versións en éuscaro de dúas das cancións do verán
A cantante Kai Nakai triunfa coas súas versións en éuscaro dos temas Despechá, de Rosalía, e Quédate, de Bizarrap y Quevedo.
Fonte: Noticias de Álava
As rúas da localidade de Lodosa estarán en éuscaro e castelán
Coa iniciativa de Lodosa Bizirik, unha entidade que dinamiza o uso do éuscaro, a súa normalización e a cultura navarra, o Concello de Lodosa colocará 154 novas placas nesta lingua e en castelán en 78 rúas, prazas e avenidas. Afirman que este cambio é unha das accións que necesitan para dar visibilidade e normalizar o éuscaro na localidade.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín