Navarra
Un estudo determina que o 26,5 % da poboación de Navarra de 3 ou máis anos ten algún coñecemento de éuscaro

O estudo do Instituto de Estatística de Navarra (Nastat) reflicte a competencia lingüística en éuscaro da poboación residente en Navarra no ano 2021 e especifica que a porcentaxe de persoas que entenden e falan ben esta lingua é de 14,9 %, a de persoas que a entenden ben ou con dificultade pero non a falan ou o fan con dificultade é de 11,6 % e a de persoas non vascofalantes, de 73,5 %.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Pamplona fomenta a participación en cursos de aprendizaxe e perfeccionamento do éuscaro
As persoas maiores de 16 anos que estean empadroadas na cidade poderán recibir axudas económicas para a realización de cursos de éuscaro en dous períodos (entre outubro de 2022 e xuño de 2023 e durante o verán) e en diferentes centros autorizados.
Fonte: Ayuntamiento de Pamplona
O Departamento de Relacións Cidadás de Navarra destina 350 000 euros para subvencionar cursos de éuscaro
O Goberno de Navarra convoca subvencións para que as persoas adultas aprendan éuscaro en internados, cursos extensivos e intensivos, de autoaprendizaxe e cursos específicos. O alumnado destinatario pode solicitar axuda para máis dun curso dentro do curso escolar.
Fonte: Navarra.es
Pamplona acolle unha concentración para esixir a oficialidade do éuscaro en toda Navarra
Máis de 200 colectivos esixiron a oficialidade do éuscaro en toda Navarra ás portas do Parlamento da Comunidade Foral, unha iniciativa impulsada desde Kontseilua.
Fonte: Noticias de Navarra
Unha convocatoria de subvencións fomenta o uso do éuscaro en ámbitos non académicos en Navarra
O Departamento de Educación subvenciona actividades extraescolares culturais desenvolvidas integramente en éuscaro, como teatro, canto, poesía, e actividades abertas á cidadanía en xeral, para motivar o alumnado mediante a súa implicación na produción cultural nesta lingua.
Fonte: Navarra.es
O Goberno de Navarra asina dous convenios para impulsar actividades de promoción e investigación do éuscaro

O Goberno de Navarra destinará 255 000 euros a Euskaltzandia e Eusko Ikaskuntza, entidades coas que acaba de asinar dous convenios de colaboración para continuar con actividades de desenvolvemento, estudo, investigación e promoción do éuscaro.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra e a Mancomunidade de Municipios Euscaldúns asinan un convenio para fomentar o uso do éuscaro

Grazas a este convenio, dotado con 30 000 euros, poderán desenvolverse programas de uso social do éuscaro en entidades locais e realizaranse tarefas de asesoramento aos consistorios sobre temas lingüísticos, accións de formación, servizo de tradución...
Fonte: Gobierno de Navarra
Preséntanse os datos da VII Enquisa Sociolingüística de 2021 correspondentes a Navarra

Os datos desta enquisa, presentados na xornada “Datos demolingüísticos del euskera en Navarra. Fuentes, evolución y situación actual”, mostran que o 14,1 % da poboación navarra de 16 e máis anos fala éuscaro correctamente e o 10,6 % sabe algo desta lingua malia que non chega a falalo ben.
Fonte: Gobierno de Navarra
Ábrese o período de prematriculación para o modelo educativo en éuscaro
O alumnado xa pode prematricularse no modelo lingüístico D, que garante o dereito a estudar en éuscaro e a integrar a cultura vasca, ademais de ser unha opción con proxectos innovadores e metodoloxías activas.
Fonte: Noticias de Navarra
Convócanse axudas en Navarra para fomentar o uso do éuscaro na prensa escrita, a radio e os medios de comunicación en liña

O Goberno de Navarra destinará unha partida de 1 071 000 euros a impulsar o uso do éuscaro na prensa escrita, nas emisoras de radio e nos medios de comunicación en liña.
Fonte: Gobierno de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín