Navarra

O Goberno de Navarra financiará estudos e investigacións sociolingüísticas sobre o éuscaro

O Goberno de Navarra asina un convenio con Soziolinguistika Klusterra para financiar tres proxectos durante o ano 2021 que obteñan datos demolingüísticos actualizados co obxectivo de avaliar a situación do éuscaro e coñecer a evolución da realidade sociolingüística de Navarra e realizar unha política adecuada a esta realidade.

Fonte: Goberno de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra ten previsto valorar o éuscaro nos postos sanitarios da zona mixta

O borrador que ultima o goberno prevé a valoración do éuscaro como mérito no acceso e na provisión de postos do Servizo Navarro de Saúde que se atopen na zona mixta. 

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Rexístrase unha caída nas preinscricións para o modelo de ensinanza en éuscaro en Navarra

Aínda que se rexistrou unha caída no número de preinscricións, debido ao descenso da natalidade que houbo en Navarra no ano 2018, o 76 % do alumnado escolle o modelo D de ensino en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Créase o proxecto Euskaraz KiLiKa para promover as relacións en éuscaro entre nenas e nenos de Navarra

O Goberno de Navarra e a Fundación Dindaia crean un proxecto en liña, Euskaraz KiLiKa, dirixido ao público infantil de 8 a 12 anos para ofrecerlles actividades de ocio en éuscaro, xa que contribúen á aprendizaxe da lingua e aumentan a súa fluidez e os hábitos de uso. Trátase da organización de conversacións grupais para que nenas e nenos escolarizados nesta lingua de diferentes zonas interactúen uns cos outros.

Fonte: Goberno de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra solicita que se poidan facer documentos oficiais en éuscaro e castelán

O Departamento de Relacións Cidadás pídelle ao Goberno central que os documentos oficiais, como o DNI e o carné de conducir, se poidan facer en éuscaro e en castelán na comunidade.

Fonte: SER

Navarra

Convócanse axudas para as persoas adultas que estudan o éuscaro

Estas axudas, convocadas polo Instituto Navarro do Éuscaro, contan cun importe total de 20 000 euros e van dirixidas a maiores de 16 anos. As persoas solicitantes deben estar inscritas nalgún curso de éuscaro desde o 20 de outubro de 2020 ata o 15 de agosto de 2021.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

A Real Academia da Lingua Vasca publica un libro que analiza a situación das linguas europeas minorizadas

Pamplona acolleu a presentación da obra Jagon 21: Hizkuntza gutxiagotuak zaindu, euskara jagon. O volume axuda a reflexionar sobre o futuro das linguas europeas occidentais minorizadas ao analizar a súa situación actual.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

O Instituto Navarro do Éuscaro organiza a XIII edición do encontro entre os servizos municipais do éuscaro

Udaltop, o encontro anual dos servizos municipais do éuscaro, reúne 230 profesionais para traballar no fomento desta lingua no ámbito socioeconómico desde as entidades locais.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

O Club Atlético Osasuna impulsa accións para dinamizar o uso do éuscaro

O club conta cun plan para a mellora da súa xestión lingüística e comprométese a traballar pola normalización lingüística a través do uso do éuscaro en todas as súas actividades.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

O grupo de traballo Uskara do Plan do Pireneo inicia un proceso para a recuperación dos dialectos do éuscaro

Co obxectivo de lograr a dinamización comarcal, Uskara busca a reflexión e a participación dos habitantes para recuperar e dar visibilidade aos dialectos do éuscaro dos vales pirenaicos.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder