Navarra
A oferta de éuscaro nas escolas infantís de Pamplona é menor que a demanda
Os datos mostran que a oferta de prazas en éuscaro do Concello de Pamplona é escasa e desequilibrada entre os barrios da cidade, xa que a demanda nesta lingua foi dun 40,77 % nos barrios que si se ofreceu.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello navarro de Vilafranca non inclúe o éuscaro nas súas recentes guías do patrimonio barroco
A Agrupación Independente de Esquerdas critica que o Concello de Vilafranca non inclúa o éuscaro no seu novo sistema de código QR para dar a coñecer o rico patrimonio barroco da localidade, xa que se trata dunha lingua cooficial e gran parte dos turistas que a visitan proceden de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Constrúese un monumento á lingua vasca no municipio de Lizoáin-Arriasgoiti
O Concello de Lizoáin-Arriasgoiti e o artesán Félix Lizarraga colaboran para homenaxear todas as persoas que traballan por conservar o éuscaro no municipio coa creación da figura dun ferreiro que forxa esta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Os estatutos reformados do Club Atlético Osasuna fomentarán o bilingüismo
Os novos estatutos engaden o uso do castelán e do éuscaro como linguas propias do Club Atlético Osasuna, que fomentará e apoiará o seu ensino a todos os empregados ou empregadas e deportistas.
Fonte: Noticias de Navarra
Estréase a nova película de D'Artacán en éuscaro

Trátase dunha versión actualizada da serie de televisión D'Artacán y los tres Mosqueperros, producida por Apolo Films en Navarra e que se poderá ver tamén en éuscaro a través do programa de dobraxe Zinema Euskaraz da asociación Zineuskadi.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Pamplona convoca de novo o Concurso literario en éuscaro de poesía e narración

O Concello de Pamplona convoca o Concurso literario en éuscaro para autoría novel nas modalidades de poesía e narración, co obxectivo de fomentar a creación literaria nesta lingua e animar a persoas que nunca escribiron a que o fagan por primeira vez.
Fonte: Diario de Navarra
A Mancomunidade de Sakana convoca axudas para a aprendizaxe do éuscaro
As subvencións van destinadas aos veciños e ás veciñas da comarca que realizaron cursos para aprender éuscaro entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021. Tamén se convocan axudas económicas para a mocidade que participou ou participa en campamentos de verán nesta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
O municipio de Sartaguda rotula as placas das súas rúas en éuscaro

Como proposta da asociación Nafarroa Aurrera, que ten o obxectivo de impulsar a cultura popular e o éuscaro en Sartaguda, o Concello local inicia o cambio das placas das rúas da localidade para que se poidan ler en castelán e en éuscaro como unha medida de enriquecemento cultural e de normalización desta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
O programa de ocio en éuscaro 'Aisiz Blai' volve este verán

O programa de ocio que organiza a ludoteca municipal Txantxari de Altsasu volve este verán para seguir reforzando o éuscaro durante as vacacións e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Fonte: Noticias de Navarra
A Real Academia da Lingua Vasca actualiza o seu dicionario de éuscaro con 592 novas formas lingüísticas

Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, incorpora termos actuais como koronabirus, telelangutza, gobernantza ou heteropatriarkal ao seu dicionario de éuscaro Euskaltzaindiaren Hiztegia.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín