Navarra
O Club Atlético Osasuna renova o convenio con AEK dentro do plan de mellora da súa xestión lingüística
Ambas as entidades asinaron un acordo ata 2024 que supón a renovación do convenio, iniciado en 2018, dentro do plan de mellora da xestión lingüística do club.
Fonte: Club Atlético Osasuna
O Goberno de Navarra inicia a recollida de información para unha enquisa sociolingüística sobre o éuscaro

O Goberno de Navarra iniciou os traballos para a VII Enquisa Sociolingüística de Navarra, que recollerá datos sobre o coñecemento do éuscaro, a súa transmisión, o seu uso en diferentes ámbitos sociais e as actitudes ante a súa promoción.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno navarro publica unha guía de atención a pacientes en éuscaro para profesionais da atención primaria

O Goberno de Navarra proporciónalle así ao persoal de Atención Primaria unha guía orientativa coa que mellorar a atención en éuscaro á cidadanía que inclúe expresións e vocabulario básico nesta lingua, así como conversas habituais e un dicionario terminolóxico.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra fomenta a aprendizaxe do éuscaro a través da campaña “Euskara ahora” e a convocatoria de axudas

O Departamento de Relacións Cidadás e o Instituto Navarro do Éuscaro organizan a súa campaña anual para difundir as oportunidades que proporciona a aprendizaxe do éuscaro entre a xuventude e ofertan unha serie de axudas para o estudo desta lingua.
Fonte: Gobierno de Navarra
A oferta de éuscaro nas escolas infantís de Pamplona é menor que a demanda
Os datos mostran que a oferta de prazas en éuscaro do Concello de Pamplona é escasa e desequilibrada entre os barrios da cidade, xa que a demanda nesta lingua foi dun 40,77 % nos barrios que si se ofreceu.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello navarro de Vilafranca non inclúe o éuscaro nas súas recentes guías do patrimonio barroco
A Agrupación Independente de Esquerdas critica que o Concello de Vilafranca non inclúa o éuscaro no seu novo sistema de código QR para dar a coñecer o rico patrimonio barroco da localidade, xa que se trata dunha lingua cooficial e gran parte dos turistas que a visitan proceden de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Constrúese un monumento á lingua vasca no municipio de Lizoáin-Arriasgoiti
O Concello de Lizoáin-Arriasgoiti e o artesán Félix Lizarraga colaboran para homenaxear todas as persoas que traballan por conservar o éuscaro no municipio coa creación da figura dun ferreiro que forxa esta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Os estatutos reformados do Club Atlético Osasuna fomentarán o bilingüismo
Os novos estatutos engaden o uso do castelán e do éuscaro como linguas propias do Club Atlético Osasuna, que fomentará e apoiará o seu ensino a todos os empregados ou empregadas e deportistas.
Fonte: Noticias de Navarra
Estréase a nova película de D'Artacán en éuscaro

Trátase dunha versión actualizada da serie de televisión D'Artacán y los tres Mosqueperros, producida por Apolo Films en Navarra e que se poderá ver tamén en éuscaro a través do programa de dobraxe Zinema Euskaraz da asociación Zineuskadi.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Pamplona convoca de novo o Concurso literario en éuscaro de poesía e narración

O Concello de Pamplona convoca o Concurso literario en éuscaro para autoría novel nas modalidades de poesía e narración, co obxectivo de fomentar a creación literaria nesta lingua e animar a persoas que nunca escribiron a que o fagan por primeira vez.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín