Navarra
O Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia rexistra 1229 incidencias respecto ao uso do éuscaro
Segundo os datos do Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia, dende que se declarou a pandemia o número de incidencias respecto ao emprego do éuscaro incrementouse un 66,7 %.
Fonte: Noticias de Navarra
Preséntase a campaña "Arnasa Gara" co obxectivo de apoiar os municipios que poden vivir en éuscaro de forma natural

Os Gobernos vasco e navarro, e a Mancomunidade de Municipios Vascos acaban de impulsar "Arnasa Gara", unha campaña que busca apoderar os municipios arnasgune (con presenza maioritaria do éuscaro) e a súa poboación.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra convoca axudas para a aprendizaxe e o perfeccionamento do éuscaro entre o profesorado

O Departamento de Educación publicou a convocatoria de axudas individuais, para cursos realizados entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021, dirixidas á aprendizaxe e o perfeccionamento do éuscaro entre o profesorado.
Fonte: Gobierno de Navarra
Preséntase un documental sobre a influencia das ikastolas navarras na recuperación, transmisión e fomento do éuscaro
O documental ten como obxectivo recoller testemuños para coñecer a influencia do movemento das ikastolas de Navarra na recuperación, transmisión, promoción e difusión do éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
O Goberno de Navarra impulsa a presenza do éuscaro nas novas tecnoloxías

O Goberno de Navarra asinou un novo acordo de colaboración con Euskal Wikilarien Kultur Elkartea para fomentar o uso e a presenza do éuscaro nas novas tecnoloxías da información e a comunicación.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra convoca axudas para a promoción do éuscaro nos medios de comunicación e o contorno dixital
Estas axudas, que contan cunha dotación orzamentaria de 920.912 euros, están destinadas á promoción do uso do éuscaro nos medios de comunicación, e para impulsar o proceso de dixitalización destes.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra organiza un curso de éuscaro en catro centros de Arxentina
O Goberno Foral organizou un curso de éuscaro de nivel A1 en liña no que participan 19 persoas de Arxentina e de Uruguai. Trátase dunha iniciativa solicitada polos catro centros navarros de Bos Aires, Rosario, Bolívar e Mendoza.
Fonte: 20minutos
Nace unha nova revista para a divulgación do éuscaro no sector público navarro

ENAP (Euskara Nafarroako Administrazio Publikoetan), editada por Euskarabidea, é unha publicación dixital, de periodicidade semestral, que busca converterse nun punto de encontro das iniciativas impulsadas dentro das Administracións públicas navarras arredor do éuscaro.
Fonte: Gobierno de Navarra
Euskarabidea pon en marcha tres proxectos dixitais en éuscaro

Euskarabidea impulsa a creación de contidos dixitais en éuscaro e incrementa a oferta cultural e formativa nesta lingua no ámbito dixital. Trátase de iniciativas coas que pretende achegarse a novos falantes, principalmente a infancia e a mocidade.
Fonte: Gobierno de Navarra
Unha manifestación denuncia a situación das escolas infantís de éuscaro que dependen do Concello de Pamplona
A Plataforma Haur Eskola Euskaraz convocou unha manifestación para denunciar a situación das escolas infantís de éuscaro que dependen do Concello de Pamplona.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín