Navarra
O Goberno de Navarra organiza un curso de éuscaro en catro centros de Arxentina
O Goberno Foral organizou un curso de éuscaro de nivel A1 en liña no que participan 19 persoas de Arxentina e de Uruguai. Trátase dunha iniciativa solicitada polos catro centros navarros de Bos Aires, Rosario, Bolívar e Mendoza.
Fonte: 20minutos
Nace unha nova revista para a divulgación do éuscaro no sector público navarro

ENAP (Euskara Nafarroako Administrazio Publikoetan), editada por Euskarabidea, é unha publicación dixital, de periodicidade semestral, que busca converterse nun punto de encontro das iniciativas impulsadas dentro das Administracións públicas navarras arredor do éuscaro.
Fonte: Gobierno de Navarra
Euskarabidea pon en marcha tres proxectos dixitais en éuscaro

Euskarabidea impulsa a creación de contidos dixitais en éuscaro e incrementa a oferta cultural e formativa nesta lingua no ámbito dixital. Trátase de iniciativas coas que pretende achegarse a novos falantes, principalmente a infancia e a mocidade.
Fonte: Gobierno de Navarra
Unha manifestación denuncia a situación das escolas infantís de éuscaro que dependen do Concello de Pamplona
A Plataforma Haur Eskola Euskaraz convocou unha manifestación para denunciar a situación das escolas infantís de éuscaro que dependen do Concello de Pamplona.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno de Navarra centrará o seu segundo plan de éuscaro na mocidade

A conselleira de Relacións Cidadás e Institucionais do Goberno de Navarra sinalou que o segundo plan de éuscaro estará centrado na mocidade, xa que na actualidade unha de cada catro persoas novas é euscalduna.
Fonte: Noticias de Navarra
Continúan os obradoiros para a práctica oral do éuscaro nos centros educativos navarros de primaria

A partir do 11 de xaneiro continúan os obradoiros intensivos “Euskaraz solas eta jolas” para a práctica oral do éuscaro nos centros escolares de primaria dos modelos A e D, nos que participarán 48 grupos de 22 centros públicos e concertados, cun total de 1024 alumnos e alumnas.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra presenta unha web con temas infantís en éuscaro da tradición oral

A páxina web Xaldun Kortin inclúe cancións, contos, xogos e expresións en éuscaro da tradición oral de Navarra. Está especialmente dirixida a nenas e nenos de ata seis anos, así como ás súas familias e ao profesorado.
Fonte: Gobierno de Navarra
Pamplona acolle unha manifestación en defensa da educación en éuscaro
O colectivo HE Gurasoak Elkartea convocou unha mobilización na capital navarra para denunciar que só unha das 16 escolas infantís de Pamplona conta co modelo de inmersión lingüística en éuscaro, e as tres que ofertan castelán e éuscaro están ao norte da cidade, o que supón unha dificultade para moitas familias.
Fonte: Noticias de Navarra
A Mancomunidade de Municipios Euscaldúns denuncia a situación sociolingüística dalgúns servizos municipais
A Mancomunidade de Municipios Euscaldúns queixouse ante o Parlamento Foral da grave situación sociolingüística nalgúns dos servizos dos 14 concellos que a integran. Concretamente, denunciou o que está a acontecer nalgúns centros de atención primaria de varias localidades, nos que non se respecta o dereito a recibir atención en éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
Entréganlle instancias ao Goberno de Navarra para solicitar escolas infantís en éuscaro en Pamplona
A plataforma Haur Eskoletako Gurasoak presentou no Departamento de Educación instancias para defender o dereito ao éuscaro e demandar escolas infantís próximas de inmersión lingüística.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín