Navarra
O Goberno Foral preséntalle ao Consello Navarro do Éuscaro as propostas en materia de lingua do Plan Reactivar Navarra
O Consello Navarro do Éuscaro coñeceu as propostas do Plan Reactivar Navarra / Nafarroa Suspertu 2020-2023 no que está a traballar o Goberno da Comunidade Foral para paliar os efectos da crise provocada pola COVID-19.
Fonte: Navarra
Anuncian a posta en marcha dunha Herri Haur Eskola temporal ante a escaseza de prazas en éuscaro nas escolas infantís de Pamplona

A plataforma HE Gurasoak manifestou que, a pesar da escaseza de prazas, matricularán as súas fillas e fillos nas escolas infantís de Pamplona. Porén, ante o risco de quedar sen praza, anunciaron a posta en marcha dunha Herri Haur Eskola ou Escola Infantil Popular temporal, unicamente para o próximo curso, para facerse cargo da demanda non atendida.
Fonte: Naiz
O Goberno de Navarra aposta por promover o éuscaro dentro dun novo modelo de turismo sustentable
A conselleira de Relacións Cidadás compareceu en comisión parlamentaria para informar sobre as accións do seu departamento durante a crise da COVID-19 e fixo un chamamento a apostar polo éuscaro dentro dun novo modelo de turismo sustentable, vinculando esta lingua co local e como elemento de identidade e autenticidade.
Fonte: Noticias de Navarra
O Tribunal Administrativo de Navarra anula a esixencia de éuscaro como requisito para varios postos no Concello de Berrioplano
Un xulgado de Pamplona desestimou o recurso presentado polo Concello de Berrioplano contra a resolución do Tribunal Administrativo de Navarra que anulou a exixencia de éuscaro como requisito para acceder a varios postos do cadro de persoal en 2018.
Fonte: Pamplona Actual
Segundo un estudo do Concello de Pamplona, o 36 % das persoas enquisadas aposta por modelos con éuscaro nas escolas infantís de 0 a 3 anos

O Concello de Pamplona realizou un estudo lingüístico que pon de manifesto que o 13 % das persoas enquisadas elixiría un modelo en éuscaro na educación infantil de 0 a 3 anos; o 10 %, éuscaro con inglés; o 8 %, castelán con éuscaro; e o 5 %, un modelo trilingüe con inglés.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Pamplona convoca unha nova edición do certame literario infantil para creacións en éuscaro e castelán
O certame literario infantil, que convoca o Concello de Pamplona, conta coas modalidades de conto e de cómic. Trátase dunha iniciativa dirixida a menores de entre 6 e 14 anos que poden presentar as súas creacións tanto en éuscaro como en castelán.
Fonte: Pamplona Actual
O Goberno de Navarra anuncia que xa está a traballar no II Plan estratéxico do éuscaro
O Goberno de Navarra presentou a avaliación do I Plan estratéxico do éuscaro e anunciou que xa está a preparar o segundo, co que pretende rematar coa confrontación arredor desta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
As rúas de Pamplona acollen unha manifestación para reclamar o dereito a estudar en éuscaro
Baixo o lema “Euskara eskubidea, ni más ni menos”, miles de persoas rexeitaron nunha manifestación a postura dalgunhas Administracións públicas navarras e defenderon o seu dereito a estudar en éuscaro no ensino público en todos os ciclos formativos.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Entregan os certificados Bai Euskarari a 38 comercios, empresas e entidades de Barañáin polo seu impulso do éuscaro

Un total de 38 comercios, empresas e entidades de Barañáin recibiron os certificados Bai Euskarari 2019 polo seu labor a prol do fomento do éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
A Comisión de Asuntos Cidadáns do Concello de Pamplona pide un pacto sobre os modelos lingüísticos das escolas infantís municipais
Esta comisión aprobou unha declaración para impulsar un pacto político dos diferentes grupos municipais para regular o modelo lingüístico das escolas infantís que dependen do Concello de Pamplona.
Fonte: Pamplona Actual
Boletín
Subscríbase ao boletín