Navarra

O Concello de Pamplona aproba unha nova ordenanza do éuscaro

As principais modificacións que introduce, consideradas nalgúns casos discriminatorias, supoñen a eliminación da valoración do coñecemento do éuscaro como mérito para os postos sen perfil bilingüe e a supresión, de facto, do bilingüismo na publicidade institucional así como na rotulación das placas das rúas e similares.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Parlamento de Navarra rexeita unha moción para retirar de uso varios libros de texto en éuscaro

O Pleno do Parlamento votou finalmente en contra de retirar de uso, así como dos programas de gratuidade, varios modelos de libros de texto que, segundo un informe de 2009, non concordan coa realidade institucional de Navarra.

Fonte: Navarra Información

Navarra

O equipo de Goberno do Concello de Pamplona propón recuperar a ordenanza do éuscaro de 1997

O actual goberno do Concello de Pamplona quere levar a pleno a recuperación na súa práctica totalidade da ordenanza lingüística de 1997, que recorta a presenza do éuscaro na publicidade institucional nun 25 % en relación co modelo actual.

Fonte: Naiz

Navarra

O Salvador escolle o modelo das ikastolas navarro para a recuperación dunha das súas linguas indíxenas

A lingua náhuat-pipil, que conta actualmente con 75 falantes, atópase inmersa nun novo proxecto de recuperación e revitalización lingüística para o cal se está tomando como referencia o modelo de inmersión lingüística das ikastolas navarras. 

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A Consellería navarra de Educación e a AEK asinan un convenio para mellorar a capacidade oral en éuscaro entre o alumnado

A Consellería de Educación do Goberno de Navarra e a AEK asinaron o contrato do programa educativo Solaskide por valor de 98 280 euros para fomentar a capacidade oral en éuscaro do alumnado a través de actividades de reforzo da expresión.

Fonte: Navarra.es

Navarra

A xornada Sarean Euskaraz promove o uso do éuscaro nas TIC

Sarean Euskaraz chega á súa terceira edición na que participaron arredor de 500 estudantes de secundaria de Navarra. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación e promover a cultura dixital nesta lingua.

Fonte: 20 minutos

Navarra

O Goberno navarro descarta recorrer a sentenza do éuscaro

O Goberno comunicou que a decisión actual pasa por impulsar unha nova normativa que garanta a seguridade xurídica e solucione o baleiro legal sobre o decreto de 2017.

Fonte: El Correo

Navarra

Varios centos de persoas concéntranse en Navarra contra a sentenza que anula varios artigos do decreto do éuscaro

Centos de persoas reivindicaron, cunha concentración ante o Palacio de Navarra, o seu desacordo coas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza que anulan varios dos artigos que regulan o uso do éuscaro nas administracións públicas por consideraren que limitan os dereitos lingüísticos da cidadanía. 

Fonte: Navarra Información

Navarra

O Parlamento de Navarra rexeita a proposta de derrogar o decreto do éuscaro

A proposición de lei presentada no Parlamento da Comunidade Foral, rexeitada pola maioría da Cámara, pretendía derrogar o Decreto foral 103/2017, de 15 novembro, que regula o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra, os seus organismos autónomos e entidades de dereito público dependentes.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

A iniciativa Errigora presenta en Tafalla unha campaña para o impulso do éuscaro

Esta campaña, que se leva facendo desde hai seis anos, busca promover o uso do éuscaro na zona media e sur de Navarra e reforzar contornos como as ikastolas e os euskaltegis.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder