Navarra
O Goberno de Navarra aproba o primeiro dos plans de éuscaro para os seus departamentos
O Goberno de Navarra aprobou o Plan lingüístico do Departamento de Relacións Cidadás e Institucionais, que terá unha vixencia de tres anos, e nas vindeiras semanas aprobará os plans lingüísticos noutros departamentos.
Fonte: Noticias de Navarra
Increméntanse as solicitudes para o ensino en éuscaro como lingua vehicular en Pamplona

Arredor dun milleiro de familias elixiu o ensino en éuscaro en Pamplona e a súa comarca. Así, a demanda nas ikastolas da rede concertada incrementouse 5,5 % respecto ao ano anterior, mentres que na rede pública mantéñense cifras semellantes.
Fonte: Noticias de Navarra
A Comisión Especial para a elaboración dunha nova lei do éuscaro aposta por modificar o status legal desta lingua en Navarra
A Comisión Especial para a elaboración dunha nova Lei foral do éuscaro aprobou un informe de conclusións no que se insta a revisar o status legal desta lingua en Navarra. En concreto, os grupos parlamentarios estudarán se acabar coa zonificación lingüística e estender a oficialidade do éuscaro a todo o territorio navarro.
Fonte: EITB
O Concello de Pamplona debaterá en pleno a ordenanza de uso e fomento do éuscaro

O pleno do Concello de Pamplona debaterá no mes de febreiro a Ordenanza reguladora da utilización e fomento do éuscaro no Consistorio e o seu sector público institucional, na cal se definen como linguas propias da cidade o castelán e o éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A asociación Sortzen organiza unha campaña en Navarra para promover o modelo D co éuscaro como lingua vehicular

A asociación Sortzen puxo en marcha en Navarra unha campaña de apoio á prematriculación no modelo D de inmersión lingüística en éuscaro, que consiste na organización de obradoiros e a difusión dunha revista con experiencias positivas do devandito modelo.
Fonte: Noticias de Navarra
Euskaltzaindia celebra un congreso internacional sobre linguas minorizadas polo seu centenario
Co gallo do seu centenario, Euskaltzaindia organiza un congreso co lema “Coidar as linguas minorizadas, vivir en éuscaro - XXIII Xornada Jagon”, que se celebra en Pamplona os días 17 e 18 de xaneiro e que reúne 21 especialistas.
Fonte: EITB
O Goberno de Navarra amosa a súa satisfacción polo éxito obtido polos programas de impulso do éuscaro nos centros educativos

Os tres programas de impulso do uso do éuscaro entre o alumnado dos modelos educativos A e D, postos en marcha polo Goberno de Navarra, obtiveron unha moi boa acollida, como demostran os datos de participación nas tres iniciativas.
Fonte: Diario de Navarra
O Concello de Pamplona aproba a súa ordenanza municipal de promoción do éuscaro

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pamplona aprobou a súa ordenanza municipal que rexerá a utilización e promoción do éuscaro na capital navarra.
Fonte: Diario de Navarra
Unha asociación de escolas de inmersión de Navarra lanza unha campaña de fomento do ensino nesta lingua
A asociación de centros públicos do modelo de ensino D de Navarra, que reúne máis de 70 escolas de inmersión en éuscaro, presentou unha campaña para fomentar que as familias matriculen os seus fillos e fillas neste tipo de centros.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Pamplona organiza un obradoiro para promover a creación de libros ilustrados en éuscaro

O Concello de Pamplona organiza ‘Biko-teka’, un obradoiro de ilustración e narración para crear libros ilustrados en éuscaro que se desenvolverá entre o 28 de xaneiro e o 1 de febreiro de 2019.
Fonte: Pamplona Actual
Boletín
Subscríbase ao boletín