Navarra
Kontseilua convoca unha manifestación para reivindicar a oficialidade do éuscaro en Navarra

A coalición Geroa Bai súmase á manifestación convocada por Kontseilua, coa que se pretende reivindicar a oficialidade do éuscaro en Navarra e a equiparación dos dereitos lingüísticos de toda a cidadanía.
Fonte: Diario de Navarra
Preséntase a proposta de nova Ordenanza reguladora da utilización e do fomento do éuscaro no Concello de Pamplona
A proposta de nova ordenanza do éuscaro do Concello de Pamplona ten como obxectivos garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e adaptar a normativa á realidade social e ao contexto xurídico vixente.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Pamplona entrega 83 000 euros a 12 entidades para a promoción do éuscaro

O Concello de Pamplona resolveu a convocatoria de subvencións para os proxectos de promoción do éuscaro de 2018. As axudas alcanzan os 83 000 euros e entregáronse a doce entidades e un total de 21 proxectos destinados á realización en Pamplona de actividades de fomento desta lingua.
Fonte: Diario de Navarra
O Goberno de Navarra pon en marcha plans para Administración sobre o uso do éuscaro
O Goberno de Navarra vai expoñer, ao longo do mes de novembro, as propostas dos plans sobre o uso do éuscaro nas Administracións públicas navarras. O obxectivo é que, ao longo dese período, se inclúan as modificacións e as melloras pertinentes.
Fonte: Noticias de Navarra
A revista dixital e multimedia en éuscaro Ttap chega a Navarra
Ttap chega a Navarra despois de dar os seus primeiros pasos en Biscaia e Guipúscoa e, se funciona ben, terá unha edición nesta comunidade no ano 2019.
Fonte: Noticias de Navarra
Euskarabidea destina 150 000 euros para cursos de éuscaro dirixidos a persoas adultas
O Goberno de Navarra, a través do Instituto Navarro do Éuscaro, convoca axudas para a aprendizaxe desta lingua entre persoas adultas. Esta nova iniciativa forma parte dos obxectivos presentes no I Plan Estratéxico do Éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
O colectivo Kontseilua defende a oficialidade do éuscaro en Navarra

O Consello de Organizacións Sociais do Éuscaro, Kontseilua, defende que a lei foral relativa a esta lingua inclúa principios fundamentais como son a oficialidade, a normalización lingüística e os dereitos lingüísticos.
Fonte: Noticias de Navarra
Osasuna asina un convenio con AEK para mellorar a xestión lingüística
Osasuna asinou un convenio con AEK co obxectivo de traballar conxuntamente nun plan que inclúe actividades como charlas de motivación e sensibilización ou clases de éuscaro para persoal do club e xogadores.
Fonte: Diario de Navarra
O Parlamento de Navarra aproba unha declaración institucional para defender o valor do éuscaro
Esta declaración, aprobada polo Parlamento de Navarra, defende o valor do euskera batua como un utensilio imprescindible á hora de estender a lingua a moitos ámbitos da sociedade. Tamén se resalta o labor da Academia da Lingua Vasca que loita pola unidade do éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O persoal técnico de éuscaro propón que todos os concellos navarros sexan bilingües
A Rede de Técnicos Municipais de Éuscaro, integrada por 34 profesionais, propuxo no Parlamento foral que todos os concellos navarros no prazo de 50 anos presten os seus servizos tanto en castelán como en éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín