Navarra

O 66,5 % da poboación navarra cre que o ensino en éuscaro debería ofertarse en toda a comunidade

O 66,5 % da poboación cre que o ensino en éuscaro debería ofertarse en toda Navarra, mentres que o 14,2 % opina que debería reducirse á zona vascófona e o 8,7 % só ás zonas vascófona e mixta. Respecto aos modelos educativos, dous terzos das familias enquisadas matricularían o seu fillo en modelos con presenza do éuscaro (D, B e A), e destes o 26,3 % elixiría o D (integramente en éuscaro, agás a materia de lingua castelá).

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Os habitantes de nove municipios de Navarra piden deixar a zona non vascófona e pasar á mixta

A maioría dos habitantes de Aranguren, Galar, Noáin, Mañeru, Cirauqui, Villatuerta, Artazu, Belascoáin e Guirguillano consideran importante abandonar a zona lingüística non vascófona de Navarra para incorporarse á zona mixta. Así o reflicte a enquisa elaborada polo Departamento de Educación sobre a situación do éuscaro na Comunidade Foral en 2008.

Fonte: Diario de Noticias

Navarra

O Parlamento navarro pide que se cumpra a lei do éuscaro nas prazas do Goberno foral

O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción presentada por Nafarroa Bai na que se lle pide ao Gobierno foral que "cumpra" o disposto na lei do éuscaro para todas as prazas que presten servizos nas zonas vascófona e mixta de Navarra.

Fonte: EcoDiario

Navarra

Un total de 48 entidades locais de Navarra apoia as televisións que emiten en éuscaro

Un total de 48 entidades locais de Navarra solicitoulle ao Goberno foral a concesión de licenzas dixitais a televisións que emiten en éuscaro e a sinatura dos convenios necesarios que garantan a súa continuidade.

Fonte: Diario Vasco

Navarra

O Instituto Navarro del Vascuence-Euskarabidea convoca axudas para actividades en éuscaro

O Instituto Navarro del Vascuence-Euskarabidea fixo pública a convocatoria de axudas para a realización de actividades culturais en éuscaro e de fomento desta lingua nas tecnoloxías da información e a comunicación.

Fonte: ABC

Navarra

O 99 % de inmigrantes residentes en Navarra domina o castelán

O 99,3 % da poboación inmigrante residente en Navarra domina o castelán nunha conversa. Así o constata a Enquisa á Poboación Inmigrante 2008, impulsada polo Goberno foral.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Catro novos municipios poderían incluírse na zona lingüística mixta de Navarra

Os máximos responsables do Partido Socialista de Navarra (PSN) e Converxencia de Demócratas de Navarra (CDN) anunciaron que apoiarán a ampliación da zona lingüística mixta de Navarra aos municipios de Noáin, Beriáin, Aranguren e Galar, coa condición de que os concellos destas catro localidades se manifesten a favor desta modificación por maioría absoluta do pleno.

Fonte: Europa Press

Navarra

O presidente de Navarra rompe o pacto de Goberno pola reforma da Lei do éuscaro

O presidente de Navarra, Miguel Sanz, anunciou a ruptura do pacto entre UPN e CDN, socios no Executivo foral desde 2003. Sanz xa advertira de que a quebra era inevitable se CDN non rectificaba a súa postura favorable a unha reforma da Lei foral do éuscaro.

Fonte: El Correo Digital

Navarra

O novo conselleiro de Educación de Navarra apoia o acordo polo éuscaro co País Vasco

O novo conselleiro de Educación, Alberto Catalán, apostou por afondar na colaboración co País Vasco iniciada en materia de éuscaro coa sinatura dun protocolo xeral o pasado mes de xullo, "un avance posible grazas ao evidente cambio de actitude no Goberno vasco", segundo Catalán.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Nafarroa Bai esixe a través dunha emenda a cooficialidade do éuscaro en toda Navarra

O grupo parlamentario de Nafarroa Bai ten previsto presentar unha emenda de substitución á proposta de modificación da Lei foral do éuscaro de Izquierda Unida de Navarra (IUN) na que esixe a cooficialidade das dúas linguas propias de Navarra en todo o territorio.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder