Navarra
A revista Fontes, que edita o Goberno de Navarra, publica sete novos estudos en materia de lingüística vasca
O último número da revista Fontes Linguae Vasconum Studia et Documenta recolle sete artigos entre os que destacan os dedicados ás variante subdialectais de Erro e Esteribar ou a acentuación antiga de Oiartzun.
Fonte: Noticias de Navarra
O Departamento de Educación do Goberno de Navarra quere fomentar os graos universitarios en éuscaro
O Departamento de Educación sinala como obxectivo do multilingüismo fomentar os graos universitarios en éuscaro e inglés cun tratamento integrado de linguas (TIL).
Fonte: Noticias de Navarra
Profesores da Universidade de Navarra revelan datos sobre os usos das linguas oficiais do Estado español nos medios dixitais
Un estudo asinado por profesores da Universidade de Navarra na revista <em>Revista Latina de Comunicación Social</em> revelou que a proporción de medios dixitais en lingua galega está moi lonxe das cifras noutras linguas como o catalán e o éuscaro. Segundo o estudo, 534 cibermedios están en catalán, 109 en éuscaro e só 88 en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
O 8 % das prazas da Oferta Pública de Emprego en Saúde e Administración Núcleo de Navarra terá o éuscaro como requisito
A Oferta Pública de Emprego (OPE) extraordinaria incluirá 80 prazas, dun total de 996, con requisito de coñecemento de éuscaro, o que supón unha porcentaxe do 8,03 % do total.
Fonte: Noticias de Navarra
O 43% dos alumnos da Universidade Pública de Navarra cre que o éuscaro debería ter "maiores dereitos"
O 43% dos alumnos da Universidade Pública de Navarra (UPNA) cre que o éuscaro debería ter no futuro un novo tratamento regulado por lei que permita "maiores dereitos" no uso e o ensino desta lingua.
Fonte: Europa Press
Cinco centros de Navarra estrearán en setembro o novo programa plurilingüe, tres deles en éuscaro
Cinco centros públicos navarros estrearán o vindeiro curso os novos programas plurilingües deseñados polo Departamento de Educación (un outorga preeminencia ao castelán e o outro ao éuscaro).
Fonte: Diario de Noticias
Valórase "positivamente" o grao de cumprimento en Navarra da Carta Europea das Linguas Minoritarias
O conselleiro de Educación do Goberno de Navarra, Carlos Pérez-Nievas, realizou unha valoración "positiva" do grao de cumprimento en Navarra da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, xa que o informe remitido polo Comité de Expertos asegura que se cumpren "todos" os compromisos na zona vascófona.
Fonte: Europa Press
O conselleiro navarro de Educación di que se destinarán 9.500 euros para medios en éuscaro
O conselleiro de Educación do Goberno de Navarra, Carlos Pérez-Nievas, afirmou que o Executivo demostrou "cumprir" co seu compromiso co éuscaro e que se este ano se destinarán 9.500 euros para subvencionar os medios de comunicación en éuscaro é polo "reaxuste" orzamentario debido á situación económica.
Fonte: Europa Press
Varias entidades locais de Navarra engadirán o nome en éuscaro á denominación en español
O Ministerio de Administracións Públicas (MAP) inscribiu no Rexistro das Entidades Locais o cambio da denominación de 18 delas. As modificacións consisten en establecer os nomes en éuscaro que, xunto coas denominacións en castelán, constituirán os novos nomes oficiais desas entidades locais.
Fonte: Europa Press
O ensino en éuscaro mantén o seu espazo en Navarra e sitúase arredor das 1.900 prematrículas
O ensino en éuscaro non decae e mantén o seu espazo no sistema educativo navarro con preto de 1.900 preinscricións para o vindeiro curso 2009-2010, segundo datos provisionais.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín