Navarra

Nafarroa Bai esixe a través dunha emenda a cooficialidade do éuscaro en toda Navarra

O grupo parlamentario de Nafarroa Bai ten previsto presentar unha emenda de substitución á proposta de modificación da Lei foral do éuscaro de Izquierda Unida de Navarra (IUN) na que esixe a cooficialidade das dúas linguas propias de Navarra en todo o territorio.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

Navarra

O Departamento navarro de Educación traballa para que o EGA (Certificado de Coñecemento do Éuscaro) se admita a nivel europeo

O Departamento de Educación do Goberno de Navarra está a traballar intensamente para que o título EGA (Euskararen Gaitasun Agiria, isto é, Certificado de Coñecemento do Éuscaro) se recoñeza a nivel europeo en 2010 ou 2011, como moi tarde.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Presentan a primeira web de Navarra con lingua de signos

A Asociación de Persoas Xordas de Navarra (Asorna) presenta a súa páxina web, a primeira da comunidade foral accesible a persoas xordas, oíntes e cegas, un proxecto subvencionado pola Fundación ONCE.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Os medios de comunicación en éuscaro de Navarra quedarán en 2010 sen axudas do Goberno foral

O Goberno foral investirá en 2010 cero euros para promover o éuscaro nos medios de comunicación navarros, o que significa que por primeira vez en 23 anos quedarán sen subvención.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A Mancomunidade navarra de Sakana pon en marcha unha campaña para impulsar o uso do éuscaro no comercio e a hostalería

Co fin de impulsar o uso do éuscaro nos comercios e establecementos de hostalería da comarca, a Mancomunidade de Sakana puxo en marcha a campaña Eskatu euskaraz eman. Para isto, editou diferentes materiais en éuscaro que os comerciantes interesados poden recibir de forma gratuíta.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Máis de 15.300 clientes elixen o éuscaro para comunicarse coa Caixa de Aforros de Navarra

En total, 60.066 clientes (un 9 por cento) falan ca Caixa de Aforros de Navarra nunha lingua distinta ao castelán e deles case 45.000 dialogan coa entidade en catalán, segundo informou esta caixa nun comunicado.

Fonte: ABC

Navarra

Máis de 1.600 alumnos de Navarra cambian de modelo lingüístico por problemas co éuscaro

Uns 1.900 escolares de toda Navarra (o 2 % do total) cambiaron o curso pasado de modelo lingüístico ao terminar educación infantil, primaria ou secundaria.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O ensino en éuscaro mantén en Navarra o seu espazo pese aos cambios demográficos

O ensino en éuscaro na Comunidade Foral mantén o seu espazo tanto nos centros públicos como nas ikastolas, como reflicten os datos provisionais de prematrícula. O ensino nesta lingua manterá o número de aulas en Navarra, se ben os movementos demográficos provocarán que algúns centros públicos perdan alumnado.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Todos os grupos do Parlamento navarro, agás UPN, están a favor da modificación da Lei do éuscaro

O pleno do Parlamento de Navarra aprobará o xoves día 18 de febreiro, na primeira sesión plenaria do novo curso, a modificación da Lei do éuscaro, presentada por Esquerda Unida de Navarra (IUN), e que amplía a zona mixta a Aranguren, Belascoáin, Noáin e Galar.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

A modificación restritiva da lei do éuscaro de Navarra apróbase de forma definitiva

A lei do éuscaro modificouse por primeira vez nos seus case 24 anos de percorrido. Só nesta lexislatura, lograr que se movan as fronteiras da zonificación lingüística custou o debate de tres proposicións de lei.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder