Navarra

O pleno do Parlamento de Navarra rexeita unha moción para garantir a elección de modelo lingüístico

O pleno do Parlamento de Navarra rexeitou unha moción de NaBai que lle pedía á Cámara que declarase a súa vontade de garantir o dereito dos pais a elixir o modelo lingüístico educativo para os seus fillos e instase o Goberno a promover iniciativas e recursos para o modelo D.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Tan só no 1 % dos postos da Administración foral de Navarra se esixe o éuscaro como requisito

Tan só para acceder ao 1 % dos postos de traballo da Administración foral de Navarra é preceptivo o coñecemento do éuscaro. Hai outras prazas no Goberno nas que o éuscaro conta como mérito, pero este só representa o 1 ou 2 % do total.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno foral e a Universidade de Navarra impulsan o éuscaro entre os futuros xornalistas

O Goberno foral e a Universidade de Navarra asinaron un convenio de colaboración para impulsar a formación en éuscaro dos futuros xornalistas.

Fonte: ABC

Navarra

Denuncian en Navarra "retrocesos" no ensino en éuscaro

Varios sindicatos e organizacións denunciaron os "graves retrocesos" que se están a dar, ao seu xuízo, no ensino en éuscaro en Navarra.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O 55 % das materias de 1.º da Universidade Pública de Navarra poderá estudarse en éuscaro e o 16 % en inglés

A Universidade Pública de Navarra deseñou un plan para os primeiros cursos (ou os dous primeiros semestres) de 12 dos 16 graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior que impartirá o próximo curso, co obxectivo de que os alumnos teñan a opción de estudar en éuscaro en 72 materias e en inglés en 40.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Sindicatos e colectivos euscaldúns animan á matriculación en éuscaro na Universidade Pública de Navarra

Representantes de diversos colectivos e sindicatos animaron á matriculación en materias en éuscaro para o próximo curso na Universidade Pública de Navarra e instaron o equipo reitoral a "garantir" os dereitos dos cada vez máis alumnos universitarios euscaldúns.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Consello Navarro do Éuscaro crea unha Comisión de Terminoloxía

O Consello Navarro do Éucaro aprobou, a proposta do Instituto Navarro do Vasco, a creación dunha Comisión de Terminoloxía integrada polos membros do órgano asesor, así como dunha Subcomisión Técnica, formada por persoas alleas á comisión.

Fonte: ABC

Navarra

O Instituto Navarro do Éuscaro concede 220.000 euros a medios de comunicación para promover a presenza do éuscaro

O Instituto Navarro do Éuscaro-Euskarabidea concederá axudas por valor de 220.000 euros a diversos medios de comunicación, tanto impresos, como radios, televisións e a través de internet, para promover "a progresiva presenza do éuscaro".

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra volve ditaminar que o éuscaro se valore como mérito nas oposicións

Os xuíces volveron ditaminar que o coñecemento do éuscaro debe ser valorado como mérito nas convocatorias de emprego público. Así consta nunha nova sentenza asinada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra relacionada cunhas oposicións convocadas polo Servizo Navarro de Saúde-Osasunbidea.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A web do Goberno de Navarra acolle un dicionario para falar en éuscaro cos nenos

O Goberno de Navarra colgou na súa páxina web un dicionario para falar con nenos en éuscaro ideado polo persoal do ciclo de 0 a 3 anos e que inclúe ademais un CD con cancións que se pode tamén descargar.

Fonte: ABC

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder