Navarra
O Goberno de Navarra crea unha Sección de Lingua Castelá
A Sección de Lingua Castelá creada no Departamento de Educación terá como obxectivo fundamental impulsar entre os alumnos a mellora da comprensión lectora e da competencia comunicativa oral e escrita nesta lingua, para o que se elaborarán novos materiais didácticos en distintos formatos.
Fonte: Xornal de Galicia
Os medios de comunicación en éuscaro de Navarra sufrirán novos recortes
Os medios de comunicación en éuscaro de Navarra e Topagunea, federación de asociacións a favor do éuscaro, denuncian os recortes aos que novamente os somete Euskarabidea, Instituto Navarro do Éuscaro.
Fonte: Xornal de Galicia
Dominar polo menos unha lingua estranxeira aos 18 anos é o principal obxectivo do Goberno de Navarra
O conselleiro de Educación, José Iribas, expresou o obxectivo do Goberno de Navarra de que os estudantes da Comunidade Foral falen polo menos unha lingua estranxeira ao chegar ao 18 anos.
Fonte: Diario de Navarra
Nace en Navarra un certame para apoiar proxectos culturais en éuscaro
A Fundación Euskara Kultur Elkargoa presentou unha nova iniciativa, Gazteak plazara (Mocidade á praza), para fomentar a posta en marcha de actividades culturais vinculadas ao éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
O Goberno de Navarra edita un dicionario en castelán e éuscaro sobre termos educativos
O Goberno de Navarra elaborou un dicionario bilingüe castelán-éuscaro de termos educativos que inclúe máis de 12 000 entradas dobres con selección alfabética e temática, buscador por termo e selección de idioma da busca.
Fonte: ABC
O persoal das administracións públicas de Navarra aprenderá idiomas en internet
O Goberno de Navarra vai ofrecer a todos os seus empregados públicos da Administración da Comunidade foral e do resto das administracións públicas de Navarra, por primeira vez, unha oferta formativa en éuscaro, inglés e francés a través de internet e con apoio das redes sociais.
Fonte: Europa Press
A asociación Karrikiri crea para 2012 un mapa con 224 establecementos bilingües en Pamplona e a súa comarca
A asociación bilingüe Karrikiri, xunto con Karrikaluze e Elhuyar, editan cada ano unha guía cun mapa que inclúe todos os establecementos e servizos públicos nos que se atende en lingua vasca (tendas, bares, despachos…).
Fonte: Noticias de Navarra
O número de alumnos que estuda inglés crece un 24 % en catro anos en Navarra
O interese dos pais por que os seus fillos aprendan inglés vai en aumento. E cada vez son máis as familias que optan por modelos lingüísticos de inmersión nesta lingua. De feito, nos últimos catro cursos, desde que se puxeron en marcha os programas plurilingües do Goberno de Navarra, o número de escolares matriculados creceu un 24 %.
Fonte: Diario de Navarra
Convócanse cinco concursos de éuscaro en Navarra
O Departamento de Educación convocou para o presente curso escolar cinco concursos en éuscaro co fin de fomentar a creatividade, a expresión e as competencias lingüísticas nesta lingua do alumnado navarro.
Fonte: Diario de Navarra
Os medios de comunicación en éuscaro de Navarra non terán axuda
A comisión de Educación do Parlamento foral votou en contra dunha moción que instaba o Goberno de Navarra a dotar os medios de comunicación en éuscaro dos “recursos necesarios" para empregar esta lingua de forma “habitual e progresiva”.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín