Navarra

O Parlamento de Navarra rexeita considerar a proposta para ampliar a educación en éuscaro

O Parlamento de Navarra rexeitou a toma en consideración da proposición de lei para modificar a Lei do éuscaro e ampliar á zona non vascófona a posibilidade de estudar en éuscaro en centros públicos.

Fonte: ABC

Navarra

Colectivos de Navarra a prol do éuscaro instan nun manifesto á matriculación no modelo D de educación nesta lingua

Colectivos sociais e organizacións profesionais de Navarra relacionados coa educación en éuscaro subscribiron un manifesto titulado “Conéctate ao ensino verde”, no que instan os pais a matricular os seus fillos no modelo D (educación en éuscaro).

Fonte: ABC

Navarra

Unha vintena de consistorios de Navarra anima as familias a elixir un ensino en éuscaro

Houbo un novo impulso á matriculación no modelo D, esta vez da man dunha vintena de concellos, que presentaron a súa tradicional campaña en favor do ensino en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Un total de 12 centros educativos de Navarra sumarase á oferta de inglés como lingua vehicular no curso 2012-2013

Un total de doce centros educativos navarros sumarase no curso 2012-2013 aos 28 colexios que xa ofrecen o inglés coma lingua vehicular nos ciclos de Infantil e Primaria.

Fonte: El Economista

Navarra

Pecha a radio en éuscaro Esa Erran pola “asfixia económica” do Goberno de Navarra

A radio Esan Erran Irratia, que emite desde hai 15 anos en lingua vasca en Navarra, viuse “obrigada a interromper a emisión”, deixando unha persoa no paro, como consecuencia dunha “decisión política adoptada hai xa moito tempo, dirixida a asfixiar proxectos en éuscaro”.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Instan o Goberno Foral a que se expida o DNI tamén en éuscaro

O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción para que tanto o DNI coma o permiso de conducir se poidan expedir non só en castelán senón tamén en éuscaro, sempre desde o principio de voluntariedade.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Varios partidos políticos piden igualar a presenza do éuscaro e o castelán en Pamplona

Nafarroa Bai, Bildu e Izquierda-Ezkerra van presentar unha moción conxunta no Concello de Pamplona para pedir que se modifique a ordenanza de utilización do vasco de forma que "o éuscaro e o castelán teñan idéntica presenza na paisaxe lingüística competencia do Concello".

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O conselleiro de Educación de Navarra presenta un borrador de decreto para promover o éuscaro

O conselleiro navarro de Educación presentou o proxecto de decreto foral que regulará as axudas ao uso e á promoción do éuscaro no ámbito municipal.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Goberno Foral asina un convenio coa Real Academia da Lingua Vasca

O Goberno de Navarra asinou o convenio anual coa Real Academia da Lingua Vasca, mediante o que destina 87 314 euros aos traballos sobre o Corpus Onomástico do Éuscaro e un novo número da colección Mendaur.

Fonte: ABC

Navarra

O Goberno de Navarra retira o rótulo en éuscaro do novo Palacio de Xustiza de Tudela

A eliminación das letras tivo lugar antes de Semana Santa porque, segundo o conselleiro de Xustiza, a rotulación bilingüe “non se axusta á legalidade de Tudela como zona non vascófona”.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder