Navarra
A maioría do Parlamento navarro esixe unha emisora que emita en éuscaro en Pamplona
O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción pola que se insta o Goberno Foral a “cumprir coas recomendacións do Comité Europeo de Expertos en Linguas Minoritarias e garantir a existencia dunha emisora de radio que emita unicamente en éuscaro na zona urbana de Navarra”.
Fonte: Noticias de Navarra
A revista ‘Ze Berri?’ chega ao número 100 facendo promoción do éuscaro
A revista Ze Berri? de información sobre éuscaro e cultura vasca publicará o seu número 100. O primeiro exemplar viu a luz en setembro de 1996 e, co traballo e a participación de 36 localidades navarras, a aposta por promover o éuscaro tanto para falantes de éuscaro como, sobre todo, para castelanfalantes, chega ata hoxe.
Fonte: Noticias de Navarra
A localidade navarra de Villatuerta acolle unha festa pola oficialidade do éuscaro
Baixo o lema “Cosendo a vila do éuscaro”, miles de persoas participaron en Villatuerta na festa que Sortzen-Ikasbatuaz e diferentes asociacións organizaron en contra da zonificación lingüística e pola oficialidade do éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
O Concello de Pamplona convoca un concurso infantil de literatura en éuscaro e castelán
O Concello de Pamplona convocou unha nova edición do Concurso Infantil de Literatura, dirixido a alumnos de Educación Primaria e de primeiro ciclo de Educación Secundaria dos centros escolares de Pamplona e a súa comarca.
Fonte: Diario de Navarra
O Concello navarro de Barañáin incluirá o perfil de éuscaro en 23 postos de atención ao público
O Concello de Barañáin deu un paso importante no dereito dos cidadáns vascoparlantes a ser atendidos en éuscaro pola súa entidade local. O Pleno aprobou a inclusión de novos perfís lingüísticos en 23 postos do seu cadro de persoal orgánico municipal.
Fonte: Noticias de Navarra
O alumnado que opta polo ensino en éuscaro sobe un 20 % entre 2005 e 2011 en Navarra

O alumnado que opta polo ensino en éuscaro (modelo D) en Navarra aumentou un 20 % entre os cursos 2005-2006 e 2010-2011, ao pasar de 19 198 a 22 621 estudantes. Un incremento moi superior ao 9 % rexistrado no modelo G (castelán), que se mantén como a opción máis demandada, ao tempo que o modelo A (castelán con materias en éuscaro) perde un 4 % de escolares.
Fonte: Noticias de Navarra
A normalización do éuscaro avanza no Concello de Estella-Lizarra ao aprobarse unha nova ordenanza
A normalización e o fomento do éuscaro deu un paso fundamental en Estella-Lizarra ao aprobarse a nova ordenanza reguladora.
Fonte: Noticias de Navarra
Tafalla celebra o Día do Éuscaro con diferentes actos
Tafalla celebrará o Día do Éuscaro-Euskararen Eguna, unha cita festiva e reivindicativa que este ano se convoca na súa oitava edición. A organización dos actos correspondeulle un ano máis á Comisión Municipal de Éuscaro do Consistorio, que recibiu a colaboración de diferentes colectivos culturais da cidade.
Fonte: Noticias de Navarra
O municipio navarro de Falces reclama a oficialidade do éuscaro cunha festa
A localidade navarra celebrou a 10ª edición do Faltzesko Euskararen Eguna, unha xornada na que participaron centos de veciños do municipio e na que, máis alá dos actos festivos, a reivindicación do éuscaro e a normalización desta lingua foron os protagonistas.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno de Navarra imparte formación en éuscaro a 770 empregados públicos
O Goberno de Navarra impartiu formación de éuscaro a un total de 770 empregados públicos da Comunidade Foral entre setembro de 2012 e maio de 2013. Supón un incremento do 33,2 % con respecto ao mesmo período do ano anterior, cando 578 empregados participaron nos cursos extensivos, intensivos, de autoaprendizaxe e de conversa ofertados polo Instituto Navarro do Vascuence, conxuntamente co INAP.
Fonte: Noticias Press
Boletín
Subscríbase ao boletín