Navarra
O Concello de Pamplona convoca axudas para a realización de actividades en éuscaro
O Concello de Pamplona convocou as subvencións a entidades culturais e artísticas para a realización e programación de actividades culturais e artísticas en éuscaro durante 2012.
Fonte: Diario de Navarra
O Goberno de Navarra destina 109 171 euros para programas locais de fomento do éuscaro
O Goberno de Navarra subvencionará 109 171 euros os programas de fomento do éuscaro desenvolvidos polas entidades locais durante o ano 2012.
Fonte: ABC
Miles de persoas participan en Navarra na festa a favor das escolas en éuscaro
Aínda que o mal o tempo reduciu a participación, foron miles as persoas que non dubidaron en participar na festa en favor das ikastolas e que puideron gozar dos numerosos actos organizados.
Fonte: ABC
Case un 20 % da poboación navarra fala ou entende o éuscaro
A poboación navarra que coñece e usa o éuscaro aumentou nos últimos anos, aínda que é substancial a diferenza de implantación segundo as zonas.
Fonte: Diario de Navarra
Aumentan un 16 % os navarros que apoian o uso e promoción do éuscaro nas dúas últimas décadas
A actitude favorable cara á promoción do uso do éuscaro en todos os territorios onde se fala esta lingua aumentou sete puntos nas últimas dúas décadas, ao pasar do 47,5 % ao 55,2 %. No entanto, o maior aumento desta actitude positiva percíbese en Navarra, onde en 1991 había un 21,6 % de habitantes en favor de promover o éuscaro e na actualidade sitúase en 37,7 %.
Fonte: Noticias de Navarra
O partido político NaBai pide que os nomes oficiais das rúas de Pamplona sexan bilingües
A voceira de NaBai no Concello de Pamplona anunciou que o seu grupo presentará unha moción para esixir que os nomes oficiais das rúas da cidade sexan bilingües.
Fonte: Diario de Navarra
O Goberno de Navarra elimina das placas da Policía Foral a denominación en éuscaro
As novas credenciais da Policía Foral de Navarra, outorgadas ás últimas promocións de funcionarios que ingresaron na organización, carecen da denominación en éuscaro e unicamente conteñen a inscrición en castelán.
Fonte: Noticias de Navarra
Rexeitan a proposición para regular o éuscaro na prensa en Navarra
O Pleno do Parlamento de Navarra rexeitou a proposición de lei de modificación da Lei foral do éuscaro para regular a presenza desta lingua na prensa.
Fonte: Diario de Navarra
O Concello de Pamplona e a Escola Navarra de Teatro asinan un convenio para financiar actividades relacionadas co éuscaro
O alcalde de Pamplona e a directora administrativa da Escola Navarra de Teatro asinaron un convenio de colaboración para subvencionar actividades relacionadas coas artes escénicas nas que se utilice o éuscaro como lingua de expresión.
Fonte: Europa Press
Navarra Televisión traducirá ao éuscaro algúns dos seus programas
O Instituto Navarro do Éuscaro, organismo autónomo dependente do Goberno foral, traducirá ao éuscaro parte dos contidos emitidos nesta lingua pola canle autonómica Navarra Televisión.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín