Navarra
O Departamento navarro de Interior elimina a rotulación en éuscaro de varios coches novos da Policía Foral
A omisión da denominación Foruzaingoa vulneraría a lexislación sobre o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra, que establece que todos os elementos de identificación dos servizos centrais deben redactarse en bilingüe.
Fonte: Noticias de Navarra
O éuscaro perdura en Navarra por elección de moitos navarros
“O éuscaro perdurou en Navarra porque moitos navarros optaron por aprendelo e criar os seus fillos e fillas nesta lingua”, segundo unha das conclusións da tese de doutoramento da filóloga Paula Kasares, lida na Universidade Pública de Navarra.
Fonte: Diario de Navarra
Mostran un apoio masivo a favor do éuscaro na festa das ikastolas de Tudela
Miles de persoas “latexaron” polo éuscaro no Nafarroa Oinez. Cos termómetros a máis de 20 graos en Tudela, os organizadores da festa das ikastolas navarras formaron parte dunha celebración que esperaba congregar unhas 100 000 persoas.
Fonte: Diario de Navarra
A Cátedra de Lingua e Cultura Vasca da Universidade de Navarra celebra o seu 50 aniversario
A directora da Cátedra, María del Mar Larraza, explicou que, con ocasión deste aniversario, a Cátedra ”actualiza o seu obxectivo principal de promover a difusión do éuscaro e da cultura vasca no espazo universitario”, segundo informou nunha nota a Universidade de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
A lingua de rotulación dos coches da Policía Foral decídese por “criterios xeográficos”
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Interior do Goberno de Navarra, Javier Morrás, asegurou que o idioma da rotulación dos coches da Policía Foral se decide por “criterios xeográficos” e afirmou que o seu departamento “non deu instrución ningunha de substituír as rotulacións en bilingüe por só en castelán”.
Fonte: La Información
O Concello de Pamplona convoca subvencións para actividades culturais e artísticas en éuscaro
O Concello de Pamplona convocou as subvencións a entidades culturais e artísticas para a realización e programación de actividades culturais e artísticas en éuscaro ao longo do ano 2013.
Fonte: Noticias de Navarra
Os municipios euscaldúns de Navarra reclaman o seu dereito a ser atendidos en éuscaro
Os catorce concellos navarros agrupados na Mancomunidade de Municipios Euscaldúns levaron ao Parlamento a súa vella reivindicación de ser atendidos pola Administración foral nas dúas linguas oficiais das súas vilas.
Fonte: Noticias de Navarra
Unha manifestación en Tafalla reclama o dereito a vivir e estudar en éuscaro
Unha multitudinaria manifestación en Tafalla reclamou o dereito a vivir e estudar en éuscaro en toda Navarra. Os manifestantes tamén aproveitaron a ocasión para denunciar a zonificación que impón a lei do éuscaro do Goberno de Navarra, e é que a zonificación limita o dereito a estudar en éuscaro aos navarros, e os que viven na zona non vascófona quedan excluídos.
Fonte: EITB
Presentan unha instancia para que se cumpra a ordenanza do éuscaro na web do Concello de Pamplona
O partido EH Bildu presentou unha instancia no rexistro municipal para esixir xuridicamente “o cumprimento da ordenanza do éuscaro en todas as publicacións da páxina web” do Concello de Pamplona.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Pamplona subvenciona dez entidades para a realización de actividades culturais en éuscaro
O Concello de Pamplona subvencionou en 2013 a dez entidades culturais e artísticas da cidade para a realización e programación de actividades culturais e artísticas en éuscaro. En total, concedéronse os 29 125 euros cos que estaba dotaba a convocatoria.
Fonte: Gente en Pamplona
Boletín
Subscríbase ao boletín