Navarra
Varios colectivos pídenlle ao Concello de Pamplona que “lle dea ao éuscaro a posición que merece na cidade”
AEK, EHE, IKA, NIE, Sortzen e AET, colectivos que conforman o Movemento Social do Éuscaro, reclamáronlle ao Concello de Pamplona que lle dea a esta lingua “a posición que merece na cidade” e que “invista con responsabilidade os recursos económicos dos pamploneses” para crear novos soportes en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
Navarra potencia a aprendizaxe da lingua portuguesa mediante a lectura
O Instituto Camões de Portugal fixo entrega dunha pequena biblioteca coa que persegue potenciar a aprendizaxe do idioma luso dentro do Programa Lingua e Cultura Portuguesa.
Fonte: ABC
A Universidade Pública de Navarra cuadriplica en cinco anos a súa oferta en inglés
A oferta de materias en inglés da Universidade Pública de Navarra segue a súa tendencia á alza. Case todos os graos incorporan algunha nova materia, aínda que sobre todo se potencian as enxeñerías, os económicos e os maxisterios.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno de Navarra ignora as recomendacións e seguirá valorando máis outras linguas có éuscaro
O Goberno foral non acepta a recomendación do Valedor do Pobo de adoptar medidas para que nas convocatorias de ingreso na Administración non se valore máis o coñecemento dunha lingua estranxeira có de éuscaro, lingua propia e cooficial en parte de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Un total de 171 familias reclama un servizo de pediatría en éuscaro no concello navarro de Leitza
Un total de 171 familias reclama a implantación dun servizo de pediatría en éuscaro no centro de saúde de Leitza para a área de cobertura que engloba Goizueta, Areso e Arano. A súa reivindicación aparece recollida en sendas instancias nominais dirixidas ao Servizo Navarro de Saúde-Osasunbidea e ao propio Goberno foral.
Fonte: Diario de Navarra
Decenas de persoas concéntranse en Navarra polo acceso aos medios de comunicación públicos en éuscaro
Durante a mobilización, os organizadores fixeron público un comunicado no que reivindican o “dereito” a que “os medios públicos en éuscaro se poidan captar en Navarra con normalidade”.
Fonte: Noticias de Navarra
Rexeitan unha moción que pedía non valorar menos o éuscaro que calquera lingua estranxeira nas oposicións
O pleno do Parlamento de Navarra rexeitou unha moción pola que se instaba o Goberno foral a “adoptar as medidas oportunas para evitar que nas convocatorias de ingreso na administración se valore máis o coñecemento do inglés ou de calquera outra lingua estranxeira que o coñecemento do éuscaro”.
Fonte: Noticias de Navarra
O Consello Navarro do Éuscaro esixe recuperar as axudas aos medios de comunicación
O Consello Navarro do Éuscaro esixiu ao Goberno foral que recupere, tanto nos orzamentos de 2014 coma nos dos próximos anos, a partida para o fomento do éuscaro nos medios de comunicación e que publique e execute “canto antes” a convocatoria de axudas, cun importe suficiente, tomando como base as directrices dos últimos anos, é dicir, dando prioridade á subvención aos medios que traballan e publican en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno foral non garante a información en éuscaro na súa web
Nunha navegación superficial, a web parece completamente bilingüe castelán-éuscaro. Pero en canto se busca por distintos apartados obsérvase que as informacións en éuscaro quedan relegadas a un segundo plano. “Faltan contidos, non se traducen todas as noticias e cando se fai adoitan publicarse máis tarde có seu equivalente en castelán”, expoñen desde o Consello Navarro do Éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O programa de animación á lectura “Imos ler” ofrecerá orientación ao profesorado en castelán, inglés e éuscaro
O programa de animación á lectura “Imos ler” ofrecerá o próximo curso 2014-2015 narración oral, encontro con autores e reunións de orientación ao profesorado en castelán, éuscaro e inglés. Nesta actividade poden participar os centros públicos e concertados de Pamplona de Educación Infantil, Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín