Navarra

O uso e coñecemento do éuscaro reduciuse na zona vascófona de Navarra e aumentou na mixta e na non vascófona

O Mapa Lingüístico do Goberno de Navarra descubriu que o uso e coñecemento do éuscaro descendeu na zona vascófona, aínda que o número total de falantes desta lingua na comunidade aumentou.

Fonte: EiTB

Navarra

A campaña Mintzakide combina tempo libre con éuscaro na comarca navarra de Sakana

O obxectivo da campaña é que os alumnos de éuscaro poidan practicar a lingua mentres socializan e o pasan ben.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Un servizo de videointerpretación de lingua de signos facilitará a comunicación no hospital Reina Sofía de Tudela

Un servizo de videointerpretación de lingua de signos comezou no hospital Reina Sofía de Tudela para facilitar a comunicación e o acceso aos servizos sanitarios das persoas xordas.

Fonte: Europa Press

Navarra

O Parlamento de Navarra amplía o modelo de educación en éuscaro a toda a comunidade

O Parlamento de Navarra aprobou a modificación da Lei do éuscaro para permitir a ampliación do modelo D (de educación en éuscaro) a toda a comunidade de acordo coa súa demanda.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra creará os seus propios certificados de acreditación do éuscaro

O Goberno de Navarra vai crear a súa propia acreditación do éuscaro baseada no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Fonte: El Diario

Navarra

A promoción do éuscaro nas facturas emitidas por empresas divide o Concello navarro de Baztán

A nova medida do consistorio navarro de Baztán de incluír o éuscaro nas facturas emitidas polas empresas para promover o uso desta lingua non foi ben acollida por algúns concelleiros da corporación, que a consideran unha imposición.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

A vila navarra de Falces celebrará unha festa para promover o éuscaro

O concello navarro de Falces vai celebrar unha festa na vila para reivindicar con esta o dereito a vivir e estudar en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A carreira en favor do éuscaro parte de Navarra para percorrer máis de dous mil quilómetros ata chegar a Bilbao

A vila navarra de Urepele encheuse no inicio da carreira en favor do éuscaro, Korrika 2015, que percorrerá un total de 2161 quilómetros antes de chegar a Bilbao.

Fonte: Naiz

Navarra

O Goberno de Navarra destina 147 000 euros a accións locais de promoción do éuscaro

O Goberno Foral de Navarra destinará 147 000 euros a accións socioculturais que promovan o éuscaro no ámbito local.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

Unha nova rede social conecta falantes e estudantes de éuscaro

A rede social Elaide, apoiada por diversas entidades navarras, serve como punto de encontro para os falantes de éuscaro ademais de como ferramenta de apoio para as persoas que están aprendendo esta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder