Navarra

O Goberno navarro aproba unha declaración institucional que busca favorecer o uso do éuscaro en todos os ámbitos

O Goberno de Navarra aprobou unha declaración institucional que mostra o seu compromiso para favorecer o uso do éuscaro en todos os ámbitos e subliña o seu valor para a convivencia e a cohesión social.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Un experto finlandés sobre linguas minoritarias busca información sobre o éuscaro en Navarra para un documental

Johan Häggman, un especialista en linguas minoritarias procedente de Finlandia, está recompilando en Navarra información sobre a situación do éuscaro na Comunidade Foral para un proxecto documental.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

A Mancomunidade de Sakana realiza unha enquisa sociolingüística entre escolares da zona

Ante as críticas recibidas pola realización dunha enquisa sociolingüística entre escolares da zona, a Mancomunidade de Sakana saíu ao paso das críticas dicindo que teñen a "aprobación" dos centros educativos e que a investigación recibiu subvención do anterior Goberno de Navarra.

Fonte: El Diario

Navarra

Solicítanlle ao Goberno de Navarra a modificación da Lei do éuscaro

Kontseilua solicitoulle ao Goberno de Navarra a modificación a Lei do éuscaro en colaboración co movemento social desta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Unha enquisa nas escolas infantís de Pamplona valorará as necesidades e as preferencias lingüísticas

As escolas infantís de Pamplona valorarán as preferencias sociolingüísticas das familias usuarias, de maneira que permitan deseñar iniciativas a medida.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

A ensinanza do éuscaro a adultos será subvencionada polo Goberno de Navarra con 131 000 euros

O Goberno de Navarra subvenciona con 131 000 euros a 18 centros que imparten a ensinanza do éuscaro a adultos.

Fonte: Navarra

Navarra

O modelo D de ensino en éuscaro estenderase a toda Navarra

Tras modificarse a Lei do éuscaro, o modelo D ofertarase en 1º de Infantil na zona non vascófona.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Navarra cooperará na realización dun sistema de indicadores lingüísticos do éuscaro

Navarra colaborará con entidades vascas e francesas no desenvolvemento dun sistema de indicadores lingüísticos do éuscaro que permitirá coñecer a realidade social deste idioma nos tres territorios.

Fonte: Lainformación

Navarra

Increméntase o dominio do éuscaro na Comunidade Foral de Navarra

Segundo o mapa sociolingüístico elaborado polo Departamento de Educación navarro, o coñecemento do idioma vasco na comunidade incrementouse de forma significativa nos últimos vinte anos.

Fonte: El País

Navarra

O Concurso Internacional de Poesía Cidade de Pamplona entregará, por primeira vez, galardóns en castelán e en éuscaro

Ábrese o prazo de presentación de obras ao Concurso Internacional de Poesía Cidade de Pamplona que por primeira vez entregará un galardón en castelán e outro na modalidade de éuscaro.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder