Navarra

A Federación Navarra de Ikastolas defende a educación en éuscaro na zona non vascófona

A federación Navarra móstrase a favor da educación en éuscaro e asegura un modelo exclusivo de inmersión lingüística nos seus centros.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A convivencia de modelos lingüísticos xera discrepancias entre os partidos políticos navarros

Aínda que a maioría dos partidos navarros apoian a convivencia de distintos modelos lingüísticos nun mesmo centro, algún afirma que a separación favorecería a "inmersión lingüística".

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O modelo lingüístico en éuscaro é xa o maioritario nas escolas infantís de Pamplona

Dúas escolas infantís municipais máis incorporarán o modelo lingüístico en éuscaro, co que as prazas nesta lingua se elevan a 409, mentres que en castelán haberá 337 e en castelán con inglés, 336.

Fonte: Navarra.com

Navarra

O Instituto Navarro do Éuscaro avoga por un novo decreto foral que trate por igual o éuscaro e o castelán

Mikel Arregi, director xerente do instituto Euskarabidea, avoga por unha política que lle garanta á cidadanía os seus dereitos lingüísticos ante as Administracións públicas.

Fonte: El Diario

Navarra

O Pleno do Parlamento de Navarra acorda ter en conta as recomendacións europeas sobre política lingüística

Apróbase por unanimidade que a Cámara considere as recomendacións realizadas no informe de avaliación sobre a política lingüística dos estados do Consello de Ministros do Consello de Europa e a Comisión de Expertos.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

Ponse en marcha unha campaña en Navarra para solicitar a opción de elixir estudos de FP en éuscaro

Varios colectivos solicitan que os impresos de prematrícula de Formación Profesional conten cunha cela que permita expresar a demanda en éuscaro para estes estudos.

Fonte: El Diario Vasco

Navarra

Só o 0,7 % dos postos da Administración Foral de Navarra son bilingües

Descontando as prazas de Educación, as prazas con perfil de éuscaro na Administración de Navarra non alcanzan nin o 1 % do persoal.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Barañáin destina 13 500 euros a fomentar o éuscaro

O Concello de Barañáin asinou un convenio coa Fundación Sahats para impulsar o proxecto Bai Euskarari para 2016.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Case o 38 % das familias de Pamplona demanda o modelo de inmersión lingüística só en éuscaro nas escolas infantís

O Concello de Pamplona acaba de abrir dúas novas escolas en éuscaro, o que supón o 27 % da oferta das escolas infantís de 0 a 3 anos, cantidade insuficiente se se ten en conta que o 37,7 % das familias demanda o modelo só en éuscaro ou éuscaro-inglés.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Convócase en Pamplona unha manifestación a prol do éuscaro

Kontseilua, o Consello dos Organismos Sociais do Éuscaro, convocou unha mobilización para o vindeiro 4 de xuño en Pamplona co obxectivo de reivindicar unha política lingüística eficaz para esta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder