Navarra

Aumenta a poboación navarra que sabe falar éuscaro, sobre todo entre a xente nova

Segundo a última enquisa, case unha cuarta parte da poboación navarra sabe falar éuscaro, ben como falantes activos ou como pasivos, unha cifra que aumentou progresivamente nos últimos 25 anos, principalmente entre os menores de 24 anos.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno navarro aproba o Plan estratéxico do éuscaro 2016-2019

O Plan estratéxico do éuscaro (2016-2019), que pretende servir para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía, conta con sete eixes de actuación: uso social, novos falantes, servizos públicos, prestixio e atractivo, motor económico, marco lingüístico e xestión interna de Euskarabidea.

Fonte: EiTB

Navarra

O Goberno navarro impulsa unha campaña para promover a escolarización en éuscaro

Esta campaña ten como obxectivo informar e fomentar a escolarización en éuscaro de cara á prematrícula de Educación Infantil e Primaria para o curso 2017-2018.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

A Real Academia da Lingua Vasca e o Parlamento de Navarra reforzan a súa colaboración

Representantes de ambas as entidades mantiveron unha reunión para darlle continuidade a unha colaboración que ten entre os seus obxectivos visibilizar o éuscaro a través de proxectos educativos, culturais e etnográficos.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Un decreto foral do Goberno de Navarra garantirá a atención en éuscaro na Administración segundo a zonificación

O proxecto de decreto foral pretende garantirlle á cidadanía a atención en éuscaro na Administración segundo a zonificación marcada pola lei.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

Propoñen unha modificación da lei do éuscaro de Navarra para incluír once municipios na zona mixta

Geroa Bai, EH Bildu, Podemos Ahal Dugu e I-E propoñen modificar a lei do éuscaro co obxectivo de ampliar a zona mixta para que inclúa as localidades de Abaigar, Aibar, Amescoa Baja, Ancín, Artazu, Cabredo, Cirauqui, Mendigorria, Murieta, Villatuerta e Zuñiga.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

Ponse en marcha en Navarra unha campaña para animar á matriculación en éuscaro na zona non vascófona

A asociación Sortzen Elkartea centra a súa campaña nos municipios situados ao sur de Navarra co obxectivo de convencer as familias de que matriculen os seus fillos no modelo D en éuscaro.

Fonte: El Confidencial Autonómico

Navarra

Unha enquisa reflicte un incremento de euscaldúns nos últimos 25 anos en Navarra

A VI Enquisa Sociolingüística mostra que se incrementou o número de euscaldúns en Navarra nos últimos 25 anos, sobre todo, entre a xente nova de 16 a 24 anos. Así mesmo, revela que o 12,9% da poboación se declara falante de éuscaro activo e o 10,3%, pasivo.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Ponse en marcha en Pamplona un programa de fomento da lectura en éuscaro

Euskaltzaleen Topagunea organiza unha campaña para fomentar a lectura de libros en éuscaro à que se uniu o Concello de Pamplona, as bibliotecas públicas e varias librerías.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O 30,7% do alumnado navarro de 3 anos elixe o modelo D de ensino en éuscaro ou o PAI-D

O ensino en éuscaro resiste a expansión do Programa de Aprendizaxe en Inglés (PAI) nos centros educativos de Navarra, mesmo cun lixeiro incremento na última década.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder